Skip to content

14. O paquebote Nieves Traditional Cache

Hidden : 9/2/2020
Difficulty:
1.5 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   micro (micro)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Os carpinteiros cos pés mollados - 14

O veleiro Nieves foi construído polo mestre carpinteiro de ribeira Manuel Domínguez Lestón nos estaleiros de Broña. Botouse ao mar no ano 1919 con vinte e sete con cero nove metros e cento vinte e oito con oitenta toneladas netas.


Ata o ano 1941 dedicouse ao transporte de arxila de Dena e da madeira de Outes aos portos de Levante e o Cantábrico, retornando a Ría de Noia con carbón asturiano e sal de Torrevieja, fundamentalmente.


En 1986 foi adquirido por Peter Grundahl quen, logo de cambiarlle o nome polo de Nostromo, dedicouno a facer cruceiros nas Illas Canarias. Con este fin instálanselle dúas casetas para facer máis cómoda a viaxe dos pasaxeiros, que podían ascender a uns cento cincuenta.


Cando xa se pensaba no seu desmantelamento, o historiador Björn Arp xunto co empresario Alfredo Fernández atopáronse co Nostromo, e decidiron rescatalo para traelo ás súas aguas de orixe.


Como se dun emigrante se tratase, o Nostromo regresa a Galicia onde recupera a súa silueta orixinal e o seu verdadeiro nome: Nieves.
Hoxe, o Nieves é un buque referente na recuperación do patrimonio marítimo do noso País. O mítico Nieves, feito en Outes, por suposto.

A carpinteria de ribeira e os estaleiros no Concello de Outes, Xoán F. García Suárez. Ed. Toxosoutos, 2008
Mar de Outes. Berce dos carpinteiros de ribeira galegos, Santiago Llovo Taboada. Ed. Meubook, 2016

Additional Hints (Decrypt)

Zntaégvpb. Byyb nb one qr rasebagr

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)