Skip to content

16. O balandro Joaquín Vieta Traditional Cache

Hidden : 9/2/2020
Difficulty:
1.5 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   micro (micro)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Os carpinteiros cos pés mollados - 16

Este buque foi construído nos talleres de Ríos, no Freixo, no ano 1915. As súas medidas foron de quince metros de eslora, con un desprazamento total de trinta toneladas. Foi adquirido por Joaquín Vieta Ros, de Muros. Era un dos moitos barcos da chamada "carreira de Vigo", porto ao que arribaba cargado de todo tipo de mercadorías, aínda que tamén facía travesías aos portos do Cantábrico cargado de madeira.

O Vieta é vendido a Teonila Pérez Fernández, veciña de Noia, en 1928. Esta muller, que pagou catro mil pesetas polo balandro, pertencía á coñecida familia noiesa Barcia, que xa posuía varios barcos, moitos deles construídos en Outes. A partir dese ano, o Joaquin Vieta pasará multitude de vicisitudes ao longo da súa extensa vida, moi ben tratadas no libro “Derrota e singraduras do Joaquín Vieta”, de Xosé Agrelo.

O caso é que unha organización noiesa, a A5ociación Mar de Noia, adquiriuno para a súa restauración e posterior conversión a buque-escola. A intención é recuperar a súa imaxe inicial, dado que foi sometido a diversas reformas. Precisamente, o aspecto que ofrece na actualidade é debido á súa adaptación para barco de bateas, que era a función que os seus últimos donos lle encomendaron.

Balandro Joaquín vieta: Un buque do ano 1915 feito en Outes, aínda en activo.

A carpinteria de ribeira e os estaleiros no Concello de Outes, Xoán F. García Suárez. Ed. Toxosoutos, 2008
Mar de Outes. Berce dos carpinteiros de ribeira galegos, Santiago Llovo Taboada. Ed. Meubook, 2016

Additional Hints (Decrypt)

Gncnqb cbe crqen

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)