Os carpinteiros cos pés mollados - 18
Praia semiurbana, con forma de enseada. Ten 475 m. de lonxitude e 20 m. de anchura. Con base de area de cor branca e protexida dos ventos do norte. Está dotada de diferentes infraestruturas como unha zona infantil e tamén zona verde con mesas e bancos. Goza de bos accesos e estacionamento. 9osúe servizo de vixilancia e servizo de limpeza. A continuación desta praia, dirección O Requeixo e despois de pasar unhas rochas, atopamos unha tranquila praia de complicado acceso chamada Vitareira.
Lembra que o marisqueo é unha actividade económica moi importante na zona e non se pode coller na praia libremente.
Fonte: Concello de Outes