Skip to content

21. Balandro, galeón, pailebote, paquebote, goleta Traditional Cache

Hidden : 9/2/2020
Difficulty:
1.5 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   micro (micro)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Os carpinteiros cos pés mollados – 21

Balandro e galeón


BALANDRO

Son barcos empregados para cabotaxe, son lixeiros e rápidos con unha manobrabilidade excelente, moi útiles con ventos lixeiros. Esta liviandade permite moverse a remo e, tratándose de embarcacións de pouco calado, podía moverse en zonas de pouco calado, como as nosas rías. Tiña dous mastros onde izan tres tipos de velas: cangrexas, foque e trinqueta. Estes barcos son bastante grandes con esloras sobre os 18 metros e manga 5 metros.


GALEÓN

Na súa acepción histórica o galeón foi un barco a vela de grande porte, similar a unha galera, con tres ou ata catro paus, que se utilizou no comercio con América entre os séculos XV e XVII. Pero en Euskadi e Galicia tamén se denominou así ás embarcacións de gran capacidade e propulsadas a remo para a caza da balea e o transporte de redes de pesca desde finais do século XV e principios do século XVI. Nunha das cantigas de Alfonso X o Sabio xa nos atopamos este termo, utilizado desde o século XIII en todo o litoral da Península Ibérica.

Os galeóns son barcos grandes, con máis de 8 metros de eslora podendo alcanzar ata os 25 metros de eslora. O seu aspecto adoita cualificalo de “barrigudo” por ter tamén unha manga considerable. A súa proa é recta e inclínase lixeiramente cara a adiante mentres que a popa é ampla, moi inclinada e redondeada nas esquinas. Esta forma tan característica tamén se denomina “popa de rabo de galo”.

En canto á súa propulsión, utilizaban unha gran vela cangrexa, ademais de velas na proa (trinqueta e foque). O seu mastro estaba lixeiramente inclinado cara a popa lembrando á vela de relinga. O galeón tamén portaba catro grandes remos para continuar a travesía cando cesaba o vento. Os remos tiñan unha gran lonxitude que obrigaban a remar de pé.

Os galeóns son barcos que se dedicaron ao transporte de mercancías entre diferentes portos, sobre todo das Rías Baixas. A mediados do século XX, coa incorporación dos motores, moitos destes barcos foron desarmados de paus e velas, e pasaron a traballar como galeóns da area: remontaban os ríos en procura de area para a construción. Outros, usáronse como barcos auxiliares para traballos na batea. Foron barcos de traballo ata os anos setenta do século pasado. Un aspecto a destacar dos barrigudos galeóns era a súa capacidade para ficar en seco sen apenas escora, polo que permitía realizar cabotaxe sen necesidade dun peirao.

O galeón “Eliseo”

Este galeón de 11,30 metros de eslora e cun desprazamento de 7,71 toneladas, foi construído para Eliseo Rey Bustelo en 1908 nos estaleiros de O Freixo cunhas medidas de dez con cincuenta e cinco metros de eslora e unhas sete con setenta toneladas. Construíuse con carballo e pino do país.

O veleiro dedicouse nas primeiras décadas do século XX ao transporte de leña, madeira e barro pola Ría de Arousa, así como á compra de sardiñas a flotación.

En 1984 transfórmase en barco bateeiro, incorporándolle guindastre.

No ano 2005 pasou á sétima lista e a Asociación Sueste, consciente do seu valor histórico, decidiu encargarse da súa recuperación, tarefa esta que se fixo nun estaleiro de O Grove e Cambados.

O Eliseo, trátase quizais do último galeón en activo. E foi feito no Freixo.

Xa está navegando desde agosto de 2005. Vídeo: Patroneando o galeón ELISEO


PAILEBOTE

O nome proveén do francés pailebot e este do inglés pilot's boat, que era o barco empregado polos prácticos dos portos porque son moi rápidos e fácil de manobrar con eles porque é un barco raso e fino. Empregouse para cabotaxe transporte de mercadorías e para pesca. O pailebote é como unha goleta pequena, sen gavias con dous ou tres mastros de velas cangrexas pero a diferenza das goletas, que ten todos os mastros practicamnte iguais, o pailebote ten o mastro de proa, chamado trinquete, bastante máis curto. 

O pailebote “Virgen del Coro”

O  pailebote de tres paus “Virgen del Coro”, segundo datos de Santiago Llovo, foi construído en  Broña, o mestre carpinteiro que dirixiu a súa construción foi José Nimo. O  pailebote, de factura moi elegante e consistente ten as seguintes características:

Ano de construción: 1918; 3 paus; casco de madeira; eslora: 35,63 metros; manga: 7,75; puntal: 3,52; toneladas de carga: 440.

Leva un mot0r  Bolinder’s de 90  h. p. modelo  M-1, colocado a  popa, e ten dous tanques, un a cada lado, para cabida dunhas dúas toneladas de combustible cada un.

A instalación e montaxe do devandito motor levouse a efecto en Pasaxes, baixo a experta dirección do  montador da casa  Bolinders, don Erik  Faldt, quen asistiu ás probas oficiais que resultaron brillantes polo seu bo funcionamento, chegando a alcanzar o buque cargado unha velocidade de 6 ½ millas.

A súa vida foi breve porque a finais de decembro de 1920 naufragou:

La Vanguardia: "Entrou neste porto, o vapor norteamericano  Great Falls, procedente de Nova York, traendo a bordo once tripulantes do pailebote Virgen del Coro, que se estaban afundindo co buque, sendo salvados polo devandito vapor.

Ao pailebote donostiarra abríuselle unha vía de auga a unhas 60 millas do Cabo Fisterra, e dirixíase con 400 toneladas de sal, desde  Torrevieja a San Sebastián, cando o duro  temporal do sur, deixouno a piques de  afundirse.”


PAQUEBOTE

Mercante de paus cruzados con velas redondas, cun casco de moita manga, o que o fai pesado. É moi parecido ao  bergantín, pero de liñas menos finas. Leva vela maior redonda como as fragatas e  mesana en lugar de  cangrexa  envergada no  esnón.

Inicialmente o paquebote adoitaba servir para levar a correspondencia pública e xeralmente pasaxeiros tamén de porto a porto, tamén se empregou para transporte de mercadorías. Posteriormente, os paquebotes convertéronse en barcos de vapor e aos máis importantes chamóuselles  transatlánticos.


GOLETA

A goleta "Evangelina" foi construída en 1912 no porto do Freixo na Ría de Noia.

Esta nave ten uns 18,70 metros de eslora, 5 metros de manga e 1,65 metros de puntal, está arborado con dous mastros construídos ao estilo da época e velas cuadras, tamén de materiais ao uso.

Na década dos 60 foi desarborado para traballar só a motor como barco bateeiro. Pero, na última semana de xullo de 2007, logo de dous anos de restauración do casco, arboradura, manobra... realizado polos estaleiros “Catoira” de Rianxo, na Ría de Arousa, volve navegar no seu estado orixinal.

A carpinteria de ribeira e os estaleiros no Concello de Outes, Xoán F. García Suárez. Ed. Toxosoutos, 2008
Mar de Outes. Berce dos carpinteiros de ribeira galegos, Santiago Llovo Taboada. Ed. Meubook, 2016

Bluscus Galicia Marinera

Additional Hints (Decrypt)

Pbgvmn qr cvñrveb

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)