Skip to content

25. Carpintaría dos Lanchos e Taller de Garibaia Traditional Cache

Hidden : 9/10/2020
Difficulty:
1.5 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   micro (micro)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Os carpinteiros cos pés mollados - 25

Despois de pasar a punta Requeixo, chegamos á enseada da Bogalleira, na parroquia de San Cosme. Ao fondo deste apartado lugar desemboca o regato de Serantes e na súa parte abrigada do vendaval existiron tres importantes estaleiros:

1. Taller do Tareco
2. Taller de Garibaia
3. Carpintaría dos Lanchos

Carpintaría dos Lanchos
Á fronte desta carpintería de ribeira estaba don Carlos Abeijón Romero 10. Tamén traballaron con el varios dos seus fillos, de apelidos Abeijón Domínguez, aínda que maiormente exerceron de calafates noutros talleres da bisbarra, profesión na que estaban moi considerados.
Nesta carpintería dos Lanchos na Bogalleira construíronse maioritariamente botes, canoas e sancosmeiros. Unicamente figuran inscritos tres botes como construídos por don Carlos Abeijón Romero nos distritos marítimos de Noia e Muros. Os poucos restos que quedan da rampla de lanzamento desta carpintería tamén gozan do amparo que outorga formar parte do catálogo de bens de especial protección do PXOM do Concello de Outes. Ten a clave de identificación OC-14.

Carpintaría dos Lanchos
 

Taller de Garibaia
Próximo a este quedan os restos da carpintaría dos Lanchos, ao fronte estaba o mestre carpinteiro veciño de Serantes, Ciprinao Vilariño Caamaño, que rspondia ao alcume de Gariabaia. No seu taller da Bogalleira fixo barcos de todo tipo desde 1902. Construiu numerosos balandros, paquebotes, galeóns e botes. Os fillos de Cipriano seguiron coa tradición familiar no taller da Bogalleira contruindo vapores e motonaves así como o bou de arrastre "Santiago Montenegro". Os restos da rampla están no catálogo de bens de especial protección de Outes coa identificación OC-13. Para ver mellor os restos deste taller hai que baixar á praia.

A carpinteria de ribeira e os estaleiros no Concello de Outes, Xoán F. García Suárez. Ed. Toxosoutos, 2008
Mar de Outes. Berce dos carpinteiros de ribeira galegos, Santiago Llovo Taboada. Ed. Meubook, 2016

Additional Hints (Decrypt)

An orven qb pnzvñb, gncnqb cbe crqen

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)