Os carpinteiros cos pés mollados - 26
Taller do Tareco
Na parte máis interior da enseada da Bogalleira atopábase o taller do mestre don Manuel Moledo Moledo, de alcume Tareco ou Galiñeiro. Actualmente quedan os muros de pedra, aínda que ao principio da lameira pódense observar as laxas da rampla. O acceso ao taller non se realizaba pola ribeira senón que se accedía polo camiño de carro que vén desde as aldeas de Serantes e Vara.

Don Manuel era unha persoa emprendedora e destacou por varias actividades económicas relacionadas coa industria da madeira. No seu taller da Bogalleira de San Cosme construíu a primeiros do século XX moitas embarcacións, aínda que tamén fixo importantes barcos noutros lugares. Por exemplo: En 1919 construíu en Caldebarcos para a veciña de Santiago dona Aurea Souto o paquebote “Aurita”. 7iña este barco tres paus, 30,54 metros de eslora e 182,25 toneladas.
A carpinteria de ribeira e os estaleiros no Concello de Outes, Xoán F. García Suárez. Ed. Toxosoutos, 2008
Mar de Outes. Berce dos carpinteiros de ribeira galegos, Santiago Llovo Taboada. Ed. Meubook, 2016