Skip to content

Petróglifos dos Batáns Traditional Cache

Hidden : 9/18/2020
Difficulty:
1.5 out of 5
Terrain:
1 out of 5

Size: Size:   micro (micro)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


O petróglifo máis próximo a Bertamiráns e o único que está na zona baixa. Vense varios gravados, o máis chamativo unha cruz cunha cunca ao seu lado. Son varias as rochas que presentan gravados, círculos concéntricos, cuncas. Foron descubertos a causa das obras da autovía. Consérvase o conxunto debaixo dunha ponte pola que transcorre esta. En total, pódense observar uns 5 gravados, todos moi desgastados.

O acceso aos petróglifos é seguro en coche a través dun desvío da estrada principal Santiago - Bertamiráns pola rúa da Rosaleda. Seguir por esta rúa ata atopar a ponte pola que pasa a autovía.

 

TOPONIMIA

Aínda que nos carteis oficiais na zona denomínanse petróglifos do Vilar tendo en conta o nome do lugar no que se atopan. Pola contra, na publicación "Os petróglifos de Ames: aprender da contorna ensinando a amala" coordinado por Alicia Eva Garea (http://www.edu.xunta.gal/centros/iesames/system/files/OS+PETROGLIFOS+DE+AMES+memoria.pdf) fálase de que, aínda que nos documentos oficiais consta o topónimo "o Vilar", nas webs parece ser máis empregado o topónimo "os Batáns" que pode referirse á proximidade dos muíños e o rego dos pasos. 

GEOCACHE

A idea de colocar este caché neste lugar é iniciar unha serie de cachés nos que se trace unha ruta por estes elementos patrimoniais tan descoñecidos incluso pola poboación amesá. 

 

O caché encóntrase oculto nunha zona próxima ao petróglifo pero que non interfire no conxunto patrimonial. As coordenadas apuntan a unha árbore próxima ao caché desde a que non é difícil atopalo, seguindo a pista adicional.

 

Esperamos poder subir máis cachés desta serie proximamente. 

 

 

Additional Hints (Decrypt)

Nfragn nf eníprf r rapbagen b grh abegr. Pnzvñn frthvaqb n pbe nzneryn r qroreáf dhvgne nf crqenf qb pnzvñb cnen ngbcne b grh grfbheb.

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)