Galego Castellano English (Sorry, not available)
A vida nos ríos galegos é unha páxina web obra dun grande namorado da natureza de Galicia e entusiasta do coñecemento que, ademais, gosta de compartilo. Secundino Lorenzo Fernández, cedeume un permiso expreso e desinteresado para utilizala neste caché, a maioría do texto e algunha foto son seus, moitas grazas.
Lume, auga e herbas
A noite de san Xoán é en Galicia a noite dos milagres e dos encantos onde se mesturan as herbas, a auga e o lume para protexernos. Celébrase a noite do 23 ao 24 de xuño, coincidindo co solsticio de verán.

O lume
As cacharelas representan outro dos ritos característicos. Chámanse tamén lumes, cacheira, cachela, fogueira, larada, lumarada, luminaria... Acéndense nas primeiras horas da noite, despois da cea. A xente xúntase arredor delas e pasan a noite cantando e bailando. É tradición saltar a CACHARELA; ten que ser varias veces, sempre un número impar e saltando dunha vez para un lado e outra vez para outro. Ao acto de saltar en moitos lugares chámanlle salvar.
As virtudes do lume do san Xoán son purificadoras, é bo contra o mal de ollo, meigallo, distintas enfermidades e ten propiedades casamenteiras.
É habitual nesta noite, acompañando as fogueiras, e nas zonas costeiras preparar sardiñadas, sardiñas feitas nunha grella que se comen con viño e pan de boroa. “Polo san Xoán a sardiña molla o pan”
O cacho: auga e herbas
Nesta noite de san Xoán, a auga das fontes santas e milagreiras avívase e colle maiores virtudes. As tradicións populares non asumidas polo cristianismo foron combatidas por Martiño Dumiense, bispo de Braga no S VI, mais non puido impedir que herdaramos costumes como a de ir a por auga emanada de sete fontes para facer o cacho.
0 cacho consiste en macerar herbas e plantas de eficacia medicinal e aromáticas, o seu agradable cheiro é repudiado polos espíritos maléficos. A tradición oral insiste en que o cacho sirve para quitarnos o demo do corpo, afasta as bruxas e cura a envexa. É un costume habitual en toda Galicia recoller, a tarde do 23 de xuño, diferentes herbas e flores, botalas na auga de sete fontes e deixalas ao sereno para que collan o resío co obxectivo de lavárense pola mañá coa auga do cacho. Estas herbas denomínanse herbas de san Xoán e cada zona de Galicia ten as súas propias, escóllense porque teñen propiedades menciñeiras.
Seleccionadas as herbas, amárranse nun feixe ou mollo e colócanse nunha bañeira, caldeiro ou palangana coa auga das sete fontes. Déixanse fóra pola noite, segundo crenzas cristiás, para que san Xoán os bendiga, segundo as crenzas pagás son as propiedades sandadoras e máxicas das herbas que se trasladan á auga, pero iso non é óbice para colocar uns cardos ou silveiras enriba do cacho e así evitar que o demo cague nel.

Ao erguerse pola mañá, sácase un pouco de auga verde e de bo cheiro. Lávase a cara, pés ou todo corpo, purificando a pel.
As herbas
Hai varias clases de herbas que se utilizan para isto, sendo as máis recoñecidas as seguintes: tromentelo, folla de cana, choupo (ollo de prata), ruda, herba luísa, manzanilla, hortelán, mildrastes, fiunchos (anises), herba de san Xoán, espadana, puenso, herba lemona, lirio, romeu, ourego, loureiro, allo, rosas, follas de nogueira con tres noces, fento rizado (‘peineta’), herba do Carme, silveira, folla de figueira, folla de olmo, folla de laranxeira, malva-rosa, hortensia, folla de viña branca e outras, varía segundo a zona de Galicia.
Despois de facer o cacho e deixalo ao sereno hai que purificarse coa auga e non secarse. Ao rematar as herbas sécanse durante varios dias ao sol para ser utilizadas logo en múltiples remedios caseiros ou como protección pendurándoo na ventá ou na porta. Este ramallo tamén se usa contra o 'aire', aproveitando o fume ao queimalo. Ao seguinte ano queimase na cacharela de san Xoán.
De todas as herbas posibles, 7 son as básicas e podes apañalas, agás dúas, se aparcas onde che indico e vés camiñando ata o caché, nos waypoint adicionais tamén tes indicadas sete fontes. As herbas que podes atopar neste paseo cumpren as tres cualidades básicas: teñen un arrecendo especial; todas teñen aplicacións medicinais e por último son as mellores como repudio dos seres maléficos, estas cualidades vense reforzadas porque son sete e póñense no cacho coa auga de sete fontes.

Herba das feridas
Hypericum perforatum
Tamén se chama pericón, hipérico e herba de san Xoán.
"A herba de san Xoán limpa a cara de grans".
Considérase especial contra o demo.
En menciña emprégase como cicatrizante e antiséptica.
Máis en: A vida nos ríos galegos - Herba das feridas

Fiúncho
Foeniculum vulgare
Esta é a que corre os malos espíritos.
Especial contra o mal de ollo.
É especial contra as inflamacións de ollos.
Tamén se emprega para a asma e as malas dixestións.
Máis en: A vida nos ríos galegos - Fiúncho

Herba luísa
Aloysia triphylla (L'Hér.)
O seu recendo é moi intenso e agradable.
Moi boa para as dores de estómago e barriga.
Tamén contra os gases e as dores de cabeza.
E tamén unha herba especial para os amoríos.
Máis en: A vida nos ríos galegos - Herba luísa

Codeso
Adenocarpus complicatus
Tamén se usa a xesta Cytisus scoparius.
Un arbusto sagrado de fermosas flores amarelas.
Utilízanse para varrer da casa os malos espíritos.
Máis en: A vida nos ríos galegos - Xesta
Máis en: A vida nos ríos galegos - Codeso

Fento macho
Dryopteris filix-mas
É velenoso. Moi apreciado por ser antiparasitario.
Dise que esta medianoite bota flor.
Non debe confundirse co fento femia
Máis en: A vida nos ríos galegos - Fento femia
Máis en: A vida nos ríos galegos - Fento macho

Malva
Malva sylvestris
"Cun horto e un malvar hai menciñas para un fogar"
Considérase máxica e medicinal, serve para:
arrefriado, bronquite, males dixestivos, nervios, etc.
Coas follas faise unha infusión para aliviar a febre.
Máis en: A vida nos ríos galegos - Malva

Romeu
Rosmarinus officinalis
O romeu realmente é a herba que protexe e purifica os
fogares galegos por excelencia. É moi bo para:
a reuma, artrites e trastornos do sistema circulatorio.
Tamén se utiliza para as dores da gorxa e depresión.
Máis en: A vida nos ríos galegos - Romeu
Xa podes ir apañar as herbas para ter un bo ano, non esquezas levar unha botella para recoller a auga das sete fontes e á noite saltar o lume, cando menos 3 veces. Das sete herbas principais, podes atopar todas agás o romeu e a herba luísa porque non medran naturalmente, pero poden sustituírse por bilitroques, a flor do bieiteiro, loureiro, ou unha folla de carballo, a árbore especial dos druídas.
Unha posible orixe desta tradición
Hai que lembrar que o descubrimento do lume e o seu control (Homo erectus) era moi importante xa desde a Prehistoria, o lume leva con nós máis de 1,8 millóns de anos. Supuxo un grande avance para a humanidade porque permite escorrentar o frío, ao cociñar a carne pode conservarse máis tempo o que permite aforrar esforzo para obter a comida, era unha boa defensa fronte aos animais perigosos que podían atacar e, ao descubrir os metais, utilizase para fabricar armas e instrumentos máis eficientes para traballar e defenderse. Por isto non debería sorprendernos que hoxe siga tendo un poder case hipnótico e que o vexamos aínda como purificador.
A celebración do solsticio de verán provén de tempos anteriores ao cristianismo. Neses tempos a xente cría que as plantas que florecían ou xerminaban neste solsticio tiñan máis poderes de curación e sandadores do habitual, razón pola que adoitaban colleitalas esa noite, a noite máis curta do ano. Acendíanse fogueiras para protexerse de espíritos malignos, e tamén para «dar máis forza ao sol», que a partir deses días ía facéndose máis «débil» os días vanse facendo máis curtos ata o solsticio de inverno. Simbolicamente, o lume tamén ten unha función « purificadora» nas persoas que o contemplaban. A esto únese a auga, fonte de vida, e o poder curativo das herbas, un coñecemento que se foi transmitindo de xeración en xeración.
Galego Castellano English (Sorry, not available)
A vida nos ríos galegos es una páxina web obra de un gran enamorado de la natureza de Galicia y entusiasta del conocimiento que, además, gusta de compartirlo. Secundino Lorenzo Fernández, me cedió un permiso expreso y desinteresado para utilizarla en este caché, la mayoría del texto y alguna foto son suyos, muchas gracias.
Fuego, agua y hierbas
La noche de San Juan es en Galicia la noche de los milagros y de los encantos donde se mezclan las hierbas, el agua y el fuego para protegernos. Se celebra la noche del 23 al 24 de junio, coincidiendo con el solsticio de verano.

El fuego
Las hogueras representan otro de los ritos característicos. También reciben otros nombres: cacheira, cachela, cacharela, fogueira, larada, lumarada, luminaria... Se encienden en las primeras horas de la noche, después de la cena. La gente se junta alrededor de ellas y pasan la noche cantando y bailando. Es tradición saltar la hoguera; tiene que ser varias veces, siempre un número impar y saltar una vez hacia un lado y otra vez hacia otro. Al acto de saltar en muchos lugares le llaman salvar.
Las virtudes del fuego del San Juan son purificadoras, es bueno contra lo mal de ojo, magia, distintas enfermedades y tiene propiedades casamenteras.
Es habitual en esta noche, acompañando las hogueras, y en las zonas costeras preparar sardiñadas, sardinas hechas en una parrilla que se comen con vino y pan de boroa (pan de maíz). “Polo san Xoán a sardiña molla o pan” (Por San Juan la sardina moja el pan)
El cacho: agua y hierbas
En esta noche de San Juan, el agua de las fuentes santas y milagrosas se aviva y coge mayores virtudes. Las tradiciones populares no asumidas por el cristianismo fueron combatidas por Martiño Dumiense, obispo de Braga en el S VI, pero no pudo impedir que heredáramos costumbres como la de ir por agua emanada de siete fuentes para hacer el cacho.
El cacho consiste en macerar hierbas y plantas de eficacia medicinal y aromáticas, su agradable olor es repudiado por los espíritus maléficos. La tradición oral insiste en que el cacho sirve para quitarnos el demonio del cuerpo, aleja las brujas y cura la envidia. Es una costumbre habitual en toda Galicia recoger, la tarde de 23 de junio, diferentes hierbas y flores, echarlas en el agua de siete fuentes y dejarlas al sereno para que cojan el rocío con el objetivo de lavarse por la mañana con el agua del cacho. Estas hierbas se denominan hierbas de San Juan y cada zona de Galicia tiene las suyas propias, se escogen porque tienen propiedades medicinales.
Seleccionadas las hierbas, se amarran en un manojo y se colocan en una bañera, caldero o palangana con el agua de las siete fuentes. Se dejan fuera por la noche, según creencias cristianas, para que San Juan las bendiga, según las creencias paganas son las propiedades sanadoras y mágicas de las hierbas que se trasladan al agua, pero esto no es óbice para colocar unos cardos o zarzas encima del cacho y así evitar que el demonio cague en él.

Al levantarse por la mañana, se saca un poco de agua verde y de buen olor. Se lava la cara, pies o todo cuerpo, purificando la piel.
Las hierbas
Hay varias clases de hierbas que se utilizan para esto, siendo las más reconocidas las siguientes: “tromentelo”, hoja de caña, chopo (ojo de plata), ruda, hierba luisa, manzanilla, “hortelán”, “mildrastes”, anises, hipérico, espadaña, “puenso”, “hierba lemona”, lirio, romero, orégano, laurel, ajo, rosas, hojas de nogal con tres nueces, helecho rizado (“peineta”), hierba del Carme, zarza, hoja de higuera, hoja de olmo, hoja de naranjo, malva-rosa, hortensia, hoja de vid blanca y otras, varía según la zona de Galicia.
Después de hacer el cacho y dejarlo al sereno hay que purificarse con el agua y no secarse. Al terminar, las hierbas se secan durante varios días al sol para ser utilizadas más tarde en múltiples remedios caseros o como protección, colgándolo en la ventana o en la puerta. Este ramito también se usa contra el mal del 'aire', aprovechando el humo al quemarlo. Al siguiente año quemará en la cacharela de San Juan.
De todas las hierbas posibles, 7 son las básicas y puedes cogerlas, excepto dos, si aparcas donde te indico y vienes caminando hasta el caché, en los waypoint adicionales también tienes indicadas siete fuentes. Las hierbas que puedes encontrar en este paseo cumplen las tres cualidades básicas: tienen un olor especial; todas tienen aplicaciones medicinales y por último son las mejores como repudio de los seres maléficos, estas cualidades se ven reforzadas porque son siete y se ponen en el cacho con el agua de siete fuentes.

Hipérico
Hypericum perforatum
También hipericón, corazoncillo o hierba de San Juan.
"La hierba de San Juan limpia la cara de granos"
Es una planta especial contra el demonio.
En medicina se emplea cómo cicatrizante y antiséptica.
Más en: A vida nos ríos galegos - Hipérico

Anís
Foeniculum vulgare
Espanta los malos espíritus.
Especial contra o mal de ojo.
Es especial para las inflamaciones de los ojos.
Tamén se usa para el asma y las malas digestiones.
Más en: A vida nos ríos galegos - Anís

Hierba luísa
Aloysia triphylla (L'Hér.)
Su aroma es muy intenso y agradable.
Muy buena para el dolor estomacal y de barriga.
Contra los gases y el dolor de cabeza.
También es especial para los amoríos.
Más en: A vida nos ríos galegos - Hierba luisa

Codeso
Adenocarpus complicatus
También se usa la retama Cytisus scoparius.
Es un arbusto sagrado de hermosas flores amarillas.
Barrer de casa los malos espíritus.
Más en: A vida nos ríos galegos - Retama
Más en: A vida nos ríos galegos - Codeso

Helecho macho
Dryopteris filix-mas
Es venenoso. Muy apreciado por ser antiparasitario.
Se dice que esta medianoche florece.
No debe confundirse con el helecho hembra.
Más en: A vida nos ríos galegos - Helecho femia
Más en: A vida nos ríos galegos - Helecho macho

Malva
Malva sylvestris
"Con un huerto y un malvar"
hay medicinas para un hogar"
Considerada mágica y medicinal, sirve para:
resfriado, bronquitis, males digestivos, nervios, etc.
Una infusión de sus hojas alivia la fiebre.
Más en: A vida nos ríos galegos - Malva

Romero
Rosmarinus officinalis
El romero es la hierba que protege y purifica los
hogares gallegos por excelencia. Es bueno para:
el reuma, artritis y trastornos del sistema circulatorio.
Tambien útil para el dolor da garganta y la depresión.
Más en: A vida nos ríos galegos - Romero
Ya puedes ir a coger las hierbas para tener un buen año, no olvides llevar una botella para recoger el agua de las siete fuentes y por la noche saltar el fuego, cuando menos 3 veces. De las siete hierbas principales, puedes encontrar todas excepto el romero y la hierba luisa porque no crecen naturalmente, pero pueden sustituirse por la digital, la flor del saúco, laurel, o una hoja de roble, el árbol especial de los druidas.
Un posible origen de esta tradición
Hay que recordar que el descubrimiento del fuego y su control (Homo erectus) era muy importante ya desde la Prehistoria, el fuego lleva con nosotros más de 1,8 millones de años. Supuso un gran avance para la humanidad porque permite librarse del frío, al cocinar la carne puede conservarse más tiempo lo que permite ahorrar esfuerzo para obtener la comida, era una buena defensa frente a los animales peligrosos que podían atacar y, al descubrir los metales, se utiliza para fabricar armas e instrumentos más eficientes para trabajar y defenderse. Por esto no debería sorprendernos que hoy siga teniendo un poder casi hipnótico y que lo veamos aún como purificador.
La celebración del solsticio de verano proviene de tiempos anteriores al cristianismo. En esos tiempos a gente creía que las plantas que florecían o germinaban en este solsticio tenían más poder de curación y sanadores del habitual, razón por la que solían cosecharlas esa noche, la noche más corta del año. Se encendían hogueras para protegerse de espíritus malignos, y también para «dar más fuerza al sol», que a partir de ese día iba haciéndose más «débil», los días se van haciendo más cortos hasta el solsticio de invierno. Simbólicamente, el fuego también tiene una función «purificadora» en las personas que lo contemplaban. A esto se une el agua, fuente de vida, y el poder curativo de las hierbas, un conocimiento que se fue transmitiendo de generación en generación.