Skip to content

Xardíns de Herrera Traditional Cache

Hidden : 12/2/2020
Difficulty:
2 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   micro (micro)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Galego

“Por favor garden a compostura”. Se te criaches en Ferrol e algunha vez te bicaches coa túa parella nestes xardíns, é probable que se vos achegara un mariñeiro de garda a avisarvos.  Hoxe aínda pertencen á Armada, pero está autorizado o uso público.

Esta pequena xoia que une os barrios da Madalena e Ferrol Vello está situada na parte posterior do Palacio de Capitanía, onde residía o Capitán Xeral da Zona Marítima do Cantábrico.

Foron deseñados polo enxeñeiro Andrés Comerma e contan coas mellores vistas ao Arsenal, elevándose sobre unha muralla escarpada. Están formados por paseos con vellos Magnolios e xardíns con céspede e flores de tempada.

No centro do Xardín hai unha estatua dun dos españois máis brillantes: Jorge Juan. Subido a un pedestal sinala o Arsenal que contribuíu a deseñar e construír, mentres sostén baixo o seu brazo un exemplar da súa obra “Exame Marítimo” que foi fundamental para a construción de barcos e a navegación dos séculos XVIII e XIX.

Durante case unha década participou xunto a Antonio de Ulloa e científicos franceses en traballos científicos destinados a medir a Terra. Logrou medir o meridiano terrestre con tal precisión que foi utilizado como base para establecer a definición de metro.

O palacio de Capitanía Marítima de Ferrol levantouse hai máis de dous séculos. O seu sobrio exterior contrasta co seu interior suntuoso, con grandes salóns decorados a base de mobiliario de madeiras nobres, impoñentes lámpadas, alfombras e moitos reloxos. Das súas estancias colgan obras de arte inventariadas polo Museo do Prado e cedidas a Ferrol en concepto de préstamos. Tamén hai dúas camas de prata que pertencían ao iate real de Alfonso XIII.

Contiguo aos xardíns de Herrera está o Obelisco de Churruca, levantado en 1812 na honra deste célebre mariño morto na batalla de Trafalgar. A súa primeira localización foi na Praza de Armas, coroando unha fonte hoxe desaparecida.

E tamén alí está o Parador de Turismo, unha casona típica galega de brancas galerías acristaladas con vistas ao Arsenal e á Ría de Ferrol.

Situados no mesmo miradoiro están os xardíns e a igrexa castrense de San Francisco. A igrexa construída no s. XVIII en estilo neoclásico, deixouse sen torres porque lle quitarían visibilidade a un observatorio astronómico proxectado no que ía a ser a Escola de Gardamariñas que nunca se chegou a construír.

Nos xardíns de San Francisco están as que din que son as estatuas máis antigas de Ferrol: Xúpiter e Marte que forman parte do conxunto de bancos de pedra de cantería de Moeche (toelo ou serpentina) traído aquí do antigo paseo de Delicias do Cantón de Molíns e que foron copiados recentemente por outros idénticos pero dun material calcario na súa localización orixinal.

Na parte posterior da igrexa de San Francisco está  a Fonte de San Roque, construída en pedra en 1784. É un dos emblemas de Ferrol xa que presenta o antigo escudo da cidade. No devandito escudo, que se alza sobre unha pel do león de Nemea, aparece unha torre cun farol e así xurdiu a crenza popular, errónea, de que Ferrol deriva de “farol”

O caché é magnético, de tamaño micro e non ten espazo para intercambios. Leva con que escribir. Pola zona sempre hai moitos muggles, polo que sede discretos para que dure o xogo, e non dubidedes en mirar as fotos spoiler, porque o verdadeiro tesouro son o local e as súas vistas. 

 

Castellano

 “Por favor guarden la compostura”. Si has crecido en Ferrol y alguna vez te has besado con tu pareja en estos jardines, es probable que se os acercara un marinero de guardia a avisaros.  Hoy aún pertenecen a la Armada, pero está autorizado su uso público.

Esta pequeña joya que une los barrios de la Madalena y Ferrol Vello está situada en la parte posterior del Palacio de Capitanía, donde residía el Capitán General de la Zona Marítima del Cantábrico.

Fueron diseñados por el ingeniero Andrés Comerma y cuentan con las mejores vistas al Arsenal, elevándose sobre una muralla escarpada. Están formados por paseos con viejos Magnolios y parterres con flores de temporada.

En el centro del Jardín hay una estatua de uno de los españoles más brillantes: Jorge Juan. Subido a un pedestal señala el Arsenal que contribuyó a diseñar y construir, mientras sostiene bajo su brazo un ejemplar de su obra “Examen Marítimo” que fue fundamental para la construcción de barcos y a navegación de los siglos XVIII y XIX.

Durante casi una década participó junto a Antonio de Ulloa y científicos franceses en trabajos científicos destinados a medir la Terra. Logró medir el meridiano terrestre con tal precisión que fue utilizado como base para establecer la definición de metro.

El palacio de Capitanía Marítima de Ferrol se ha levantado hace más de dos siglos. Su sobrio exterior contrasta con su interior suntuoso, con grandes salones decorados a base de mobiliario de maderas nobles, imponentes lámparas, alfombras y muchos relojes. De sus estancias cuelgan obras de arte inventariadas por el Museo del Prado y cedidas a Ferrol en concepto de préstamos. También hay dos camas de plata que pertenecían al yate real de Alfonso XIII.

Contiguo a los jardines de Herrera está el Obelisco de Churruca, levantado en 1812 en honor de este célebre marino muerto en la batalla de Trafalgar. Su primera localización fue en la Plaza de Armas, coronando una fuente hoy desaparecida.

E también allí está el Parador de Turismo, una casona típica gallega de blancas galerías acristaladas con vistas al Arsenal y a la Ría de Ferrol.

Situados en el mismo mirador están los jardines y la iglesia castrense de San Francisco. La iglesia construida en el s. XVIII en estilo neoclásico, se ha dejado sin torres porque le quitarían visibilidad a un observatorio astronómico proyectado en la que iba a ser Escuela de Guardamarinas que nunca se ha llegado a construir.

En los jardines de San Francisco están las que dicen que son las estatuas más antiguas de Ferrol: Júpiter y Marte que forman parte del conjunto de bancos de piedra de cantería de Moeche (toelo o serpentina) traído aquí del antiguo paseo de Delicias del Cantón de Molíns y que fueron copiados recientemente por otros idénticos pero de un material calcáreo en su localización original.

En la parte posterior de la iglesia de San Francisco está  la Fuente de San Roque, construida en piedra en 1784. Es uno de los emblemas de Ferrol ya que presenta el antiguo escudo de la ciudad. En dicho escudo, que se alza sobre una piel del león de Nemea, aparece una torre con un farol y así surgió la creencia popular, errónea, de que Ferrol deriva de “farol”

El caché es magnético, de tamaño micro y no tiene espacio para intercambios. Lleva con que escribir. Por la zona siempre hay muchos muggles, por lo que sed discretos para que dure el juego, y no dudeies en mirar las fotos spoiler, porque el verdadeiro tesoro son el lugar y sus vistas. 

English (Traslator)

"Please keep your composure." If you have grown up in Ferrol and have ever kissed with your partner in these gardens, it is likely that a sailor on duty came to warn you. Today they still belong to the Navy, but their public use is authorized.

This little gem that connects the neighborhoods of La Madalena and Ferrol Vello is located at the back of the Capitanía Palace, where the Captain General of the Cantabrian Sea Zone resided.

They were designed by the engineer Andrés Comerma and have the best views of the Arsenal, rising above a steep wall. They are made up of walks with old Magnolias and flowerbeds with seasonal flowers.

In the center of the Garden there is a statue of one of the most brilliant Spaniards: Jorge Juan. Standing on a pedestal, he points out the Arsenal that he helped to design and build, while holding under his arm a copy of his work "Maritime Examination" which was fundamental for the construction of ships and navigation in the 18th and 19th centuries.

For almost a decade he participated together with Antonio de Ulloa and French scientists in scientific works aimed at measuring the Terra. He managed to measure the Earth's meridian with such precision that it was used as the basis for establishing the definition of the meter.

Ferrol's Maritime Captaincy Palace has been built more than two centuries ago. Its sober exterior contrasts with its sumptuous interior, with large rooms decorated with hardwood furniture, imposing lamps, rugs and many clocks. From its rooms hang works of art inventoried by the Prado Museum and given to Ferrol as loans. There are also two silver beds that belonged to Alfonso XIII's royal yacht.

Adjacent to the Herrera gardens is the Obelisk of Churruca, built in 1812 in honor of this famous sailor who died in the battle of Trafalgar. Its first location was in the Plaza de Armas, crowning a fountain that has now disappeared.

And there is also the Parador de Turismo, a typical Galician house with white glazed galleries overlooking the Arsenal and the Ría de Ferrol.

Located in the same viewpoint are the gardens and the military church of San Francisco. The church built in the s. XVIII in neoclassical style, it has been left without towers because they would take away the visibility of an astronomical observatory projected in what was to be the Guardamarinas School that has never been built.

In the gardens of San Francisco there are those that are said to be the oldest statues in Ferrol: Jupiter and Mars that are part of the set of stone benches of Moeche stone (toelo or serpentine) brought here from the old Paseo de Delicias del Cantón de Molíns and that were recently copied by other identical ones but of a calcareous material in their original location.

At the back of the church of San Francisco is the Fountain of San Roque, built in stone in 1784. It is one of the emblems of Ferrol since it presents the old coat of arms of the city. In this shield, which stands on a skin of the Nemean lion, a tower with a lantern appears and thus arose the popular, erroneous belief that Ferrol derives from "lantern"

The cache is magnetic, micro-sized, and has no space for swaps. Bring something to write with. There are always many muggles in the area, so be discreet so that the game lasts, and don't hesitate to look at the spoiler photos, because the real treasure is the place and its views.

Additional Hints (Decrypt)

Rfgá an qrfpevpvóa // Rfgá ra yn qrfpevcpvóa // Vg'f va gur qrfpevcgvba

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)