Galego Castellano English (Sorry, not available)
A explotación mineira en Galicia
A explotación mineira en Galicia xa vén de vello, os romanos consideraban a Galicia como un "coto mineiro" de especial relevancia para o Imperio, polos seus ricos xacementos de ouro, prata, ferro, cobre, estaño, chumbo... que había no seu territorio. No contexto das dúas Guerras Mundiais, e con finalidades bélicas, adquiren importante protagonismo as extraccións galegas de volframio e estaño. Hoxe o territorio galego está inzado de explotacións mineiras, que seguen xerando polémica, por exemplo: o vertedoiro de Grixoa que aproveita a canteira de Miramontes, non rexenerada, para deixar lixo sen tratar axeitadamente, a de Toysal na Casalonga (Teo) amplamente rexeitada, a mina de Touro relacionada coas deste caché por explotar o cobre e que seguen xerando contaminación e rexeitamento social pola ameaza da reapertura, entre outras.
O pasado mineiro compostelán
Na área de Santiago de Compostela actual houbo explotacións mineiras, fundamentalmente de cobre, a máis importante era a vella mina de Fornás en Aríns (daquela estaba no concello de Conxo, anexionado a Santiago desde 1925). Esta mina foi coñecida por ser o principal xacemento de pirrotina en España, polo menos ata inicios dos 80 e tamén tiña acumulacións de pirita e calcopirita. Con anterioridade había cobre nativo, deste conservase algún fragmento no Museo de Historia Natural Luís Iglesias de Santiago. Tivo una primeira etapa de actividade que podería ser nos séculos IV - V. Dáse por feito que as labores más antigas serían romanas, anque no é descartable que se explotara desde moito antes. O nome de Fornás pode vir de fornais, derivado da palabra latina fornalias ou fornalia, que significa lugar de fornos.
Minas no Viso e no Gaias
A mina que tes diante foi explotada un período breve. Penso que a concesión corresponde á denominada "Ultreya" (n.º 2.945) pero non sei que nome recibía dentro da concesión xa que había varias minas. A explotación pretendía obter ferro, pirita e pirrotinas cobrizas, a esta concesión tamén pertence a mina da Mañoca estudada por Isidro Parga Pondal e que non din localizado. Estará tapada pola construción da vía ferroviaria, a autoestrada AP-9 e o periférico novo SC-20?
Ao cargo das investigacións nas minas de Sar (A Mañoca, e outras) estivo, a principios do século XX, Rafael Saenz-Díez de la Riva. En 1903 crease a empresa de Minas del Sar S. A., constituída para a explotación de varias concesións de minas de piritas de ferro cobreado na zona de Compostela, cuxos produtos se exportarían a través dun tranvía eléctrico que debería conectalas co porto de Vilagarcía, o tranvía non se chegou a construír. Nestas minas de Sar o verdadeiro obxectivo era o cobre pero a baixa lei do xacemento non a facía rendible cos métodos empregados a principios do século XX por esa razón en xullo de 1908 acordouse a liquidación da sociedade.
Hai outra pequena galería que está localizada no Monte Viso na Senda Mitolóxica recentemente estreada, de momento esta mina non está pechada e o acceso está indicado e acondicionado. Recoméndoche que fagas o caché de Lamparillas Senda Mitolóxica do Monte Viso. Deixo un waypoint adicional para localizar a moura da ruta
Algunhas notas de prensa sobre as minas do Sar
El Correo de Galicia. 06/04/1903. Co nome de ‘Pepita’ rexistrouse a nome de D. Francisco Estévez unha mina de pirita de ferro no monte de Viso.
El Correo de Galicia. 22/06/1903. Son moitas as persoas que os días festivos, visitan as minas que se explotan no próximo monte de Viso.
El Áncora. Nº 1747 de 15/07/1903. Con gran actividade continúan os traballos de explotación das minas do próximo monte de Viso, sendo moitos os barrenos que estes días dispáranse no interior das galerías abertas para extraer mineral.
El Correo de Galicia. 18/08/1903. Esta mañá foi trasladado nunha padiola, desde unha das casas inmediatas ao monte Viso, ata o hospital, un dos obreiros que traballan na explotación daquelas minas, por acharse atacado de pneumonía, ingresando nunha das salas do citado establecemento.
El Correo de Galicia. 20/01/1904. Prégannos que chamemos a atención da empresa explotadora das minas do Sar, sobre o escándalo que se está dando nelas co traballo nos días festivos.
La Correspondencia Gallega. Nº 4198 de 28/01/1904. O consello de Administración das minas de Viso, acordou que non se traballe os domingos nas obras de exploración que se están levando a cabo en devandito punto.
Galicia. Nº 6 de 07/02/1904. Continúan os traballos de exploración das importantes minas do Sar, situadas a dous quilómetros de Santiago. Ata agora hai extraídas 2.000 toneladas de cobre.
Diario de Galicia. Nº 181 de 07/07/1909. Minas del Sar S.A., Santiago. O Consello de Administración desta sociedade, por acordo da xunta xeral extraordinaria celebrada o 29 de xullo de 1908, acordou liquidar dita sociedade e proceder á venda en pública poxa das 339 hectáreas de mineral de pirita de ferro cobriza que conteñen as pertenzas situadas nos termos municipais de Santiago e Conxo na provincia da Coruña.
El Correo de Galicia. Nº 5530 de 08/07/1919. Don José Diego Sueiro, veciño de Pontecesures, solicitou a inscrición ao seu favor de vinte pertenzas de mineral de ferro, co título de “Eloisa”, sitas no monte Viso, na parroquia de Santa María de Sar, e outras vinte co título de “Carmen”, no lugar de San Lázaro, no termo de Conxo.
El Pueblo Gallego. Nº 18377 de 03/04/1974. Vendido case todo o Monte Viso. Vendeuse case toda a superficie do monte de Viso, que será utilizado para explotación de canteiras. O investimento na compra das parcelas supera os 10 millóns de pesetas.
11 de xaneiro de 2011. Inauguración da Cidade da Cultura de Galicia. Desde este ano está aberta a zona de Monte Gaias onde se atopa a mina obxecto deste caché.
Fontes: Foro de Mineralogía Formativa Galiciana, Biblioteca Dixital de Galicia
Galego Castellano English (Sorry, not available)
La explotación minera en Galicia
La explotación minera en Galicia ya viene de viejo, los romanos consideraban a Galicia como un "coto minero" de especial importancia para el Imperio, por sus ricos yacimientos de oro, plata, hierro, cobre, estaño, plomo... que había en su territorio. En el contexto de las dos Guerras Mundiales, y con finalidades bélicas, adquieren importante protagonismo las extracciones gallegas de volframio y estaño. Hoy el territorio gallego está infestado de explotaciones mineras, que siguen generando polémica, por ejemplo: el vertedero de Grixoa que aprovecha la cantera de Miramontes, sin regenerar, para dejar vertidos que no se trartan adecuadamente, la de Toysal en Casalonga (Teo) ampliamente rechazada, la mina de Touro relacionada con las de este caché por explotar el cobre y que siguen generando contaminación y rechazo social por la amenaza de su reapertura, entre otras.
El pasado minero compostelano
En el área de Santiago de Compostela actual hubo explotaciones mineras, fundamentalmente de cobre, a más importante era la vieja mina de Fornás en Aríns (de aquella estaba en el ayuntamiento de Conxo, anexionado la Santiago desde 1925). Esta mina fue conocida por ser el principal yacimiento de pirrotina en España, por lo menos hasta inicios de los 80 y también tenía acumulaciones de pirita y calcopirita. Con anterioridad había cobre nativo, de este conservara algún fragmento en el Museo de Historia Natural Luís Iglesias de Santiago. Tuvo una primera etapa de actividad que podría ser en los siglos IV - V. Se da por hecho que las labores más antiguas serían romanas, aunque no es descartable que se haya explotado desde mucho antes. El nombre de Fornás puede venir de fornais, derivado de la palabra latína fornalias o fornalia, que significa lugar de hornos.
Minas en O Viso y en el Gaias
La mina que tienes delante fue explotada un período breve. Pienso que la concesión corresponde a la denominada "Ultreya" (n.º 2.945) pero no sé el nombre que recibía dentro de la concesión. La explotación era para hierro, pirita y pirrotita cobrizas, a esta concesión también pertenece la mina de la Mañoca estudiada por Isidro Parga Pondal. No conseguí localizarla. ¿Estará tapada por la construcción de la vía ferroviaria, la autopista AP-9 y el periférico nuevo SC-20?
A cargo de las investigaciones en las minas de Sar (La Mañoca, y otras) estuvo, a principios del siglo XX, Rafael Saenz-Díez de lana Riva. En 1903 creara la empresa de Minas del Sar S. A., constituida para la explotación de varias concesiones de minas de piritas de hierro cobreado en la zona de Compostela, cuyos productos se exportarían a través de un tranvía eléctrico que debería conectarlas con el puerto de Vilagarcía, el tranvía no se llegó a construir. En estas minas de Sar el verdadero objetivo era el cobre, pero la baja ley del yacimiento no la hacía rentable con los métodos empleados a principios del siglo XX por esa razón en julio de 1908 se acordó la liquidación de la sociedad.
Hay otra pequeña galería que está localizada en el Monte Viso, en la 'Senda Mitolóxica' recientemente estrenada, de momento esta mina no está cerrada, el acceso está indicado y acondicionado. Te recomiendo que hagas el caché de Lamparillas Senda Mitolóxica do Monte Viso Dejo un waypoint adicional para localizar la moura de la ruta
Algunas notas de prensa sobre las minas de Sar
El Correo de Galicia. 06/04/1903. Con el nombre de “Pepita” se registró a nombre de D. Francisco Estévez una mina de pirita de hierro en el monte de Viso.
El Correo de Galicia. 22/06/1903. Son muchas las personas que los días festivos, visitan las minas que se explotan en el próximo monte de Viso.
El Áncora. Nº 1747 de 15/07/1903. Con gran actividad continúan los trabajos de explotación de las minas del próximo monte de Viso, siendo muchos los barrenos que estos días se disparan en el interior de las galerías abiertas para extraer mineral.
El Correo de Galicia. 18/08/1903. Esta mañana fue trasladado en una camilla, desde una de las casas inmediatas al monte Viso, incluso el hospital, uno de los obreros que trabajan en la explotación de aquellas minas, por hallarse atacado de neumonía, ingresando en una de las salas del citado establecimiento.
El Correo de Galicia. 20/01/1904. Se nos ruega que llamemos la atención de la empresa explotadora de las minas del Sar, sobre el escándalo que se está dando en ellas con el trabajo en los días festivos.
La Correspondencia Gallega. Nº 4198 de 28/01/1904. El consejo de Administración de las minas de Viso, acordó que no se trabaje los domingos en las obras de exploración que se están llevando a cabo en dicho punto.
Galicia. Nº 6 de 07/02/1904. Continúan los trabajos de exploración de las importantes minas del Sar, situadas a dos kilómetros de Santiago. Hasta ahora hay extraídas 2.000 toneladas de cobre.
Diario de Galicia. Nº 181 de 07/07/1909. Minas del Sar S.A., Santiago. El Consejo de Administración de esta sociedad, por acuerdo de la junta general extraordinaria celebrada el 29 de julio de 1908, acordó liquidar dicha sociedad y proceder a la venta en pública subasta de las 339 hectáreas de mineral de pirita de hierro cobriza que contienen las pertenezcas situadas nos tener municipales de Santiago y Conxo en la provincia de la Coruña.
El Correo de Galicia. Nº 5530 de 08/07/1919. Don José Diego Sueiro, vecino de Pontecesures, solicitó la inscripción a su favor de veinte pertenezcas de mineral de hierro, con el título de “Eloisa”, sitas en el monte Viso, en la parroquia de Santa María de Sar, y otras veinte con el título de “Carmen”, en el lugar de Sano Lázaro, en el tenérmelo de Conxo.
El Pueblo Gallego. Nº 18377 de 03/04/1974. Vendido casi todo el Monte Viso. Se vendió casi toda la superficie del monte de Viso, que será utilizado para explotación de canteras. La inversión en la compra de las parcelas supera los 10 millones de pesetas.
11 de enero de 2011. Inauguración de la Ciudad de la Cultura de Galicia. Desde este año está abierta la zona del Monte Gaias donde se localiza la mina objeto de este caché.
Fuentes: Foro de Mineralogía Formativa Galiciana, Biblioteca Dixital de Galicia