
#7 Camino Inglés. Centro Sociocultural de Enfesta
Etapa 6: Sigueiro-Santiago de Compostela
Última etapa del Camino, 16,5 km hasta llegar a la Plaza del Obradoiro.
A sede do local social está localizada no que era o edificio do Concello de Enfesta, actualmente reformado. Consta de baixo e primeiro andar. As cinco salas do baixo repártense nunha ludoteca, nunha sala de reunións, no despacho do animador sociocultural, na sala de televisión e vídeo e nunha sala de usos múltiples. No primeiro andar atópanse o despacho da asociación de veciños Ponte Sionlla, unha sala de usos múltiples e unha pequena biblioteca, dotada con material de consulta -enciclopedias e libros de texto- e con novelas, a colección está dirixida fundamentalmente a público infantil e xuvenil.
http://www.santiagosociocultural.org/centros/centro.php?id=39&lang=gal