A Granxa de Briz, tamén coñecida como Finca de Briz ou Parque dos Sentidos, é un gran parque situado no concello de Marín. Conta cunha zona de tobogáns e xogos integrados na natureza, unha pequena lagoa natural e outra artificial. Tamén dispón dun auditorio ao aire libre e unha superficie total de 23.690 m⊃2;.

Historia
O parque ten orixe como Granxa da Costa dos monxes de Oseira, e trala súa desamoritizacion foi mercada por D. Roberto Munaiz en 1838. A familia Munaiz levantou unha vivenda que se coñecería co denominación de "Villa Paula", nome que compartían tanto a muller do propietario coma unha neta. En 1942 unha descendente, Dna. Ana Mª Saraiva Munaiz , casada con D. Marcelino Briz, decide edificar un chalé, que se converteu na súa residencia de verán e na que se realizaban bailes de sociedade, coa asistencia de destacadas personalidades da época: militares, políticos, empresarios, e amizades da familia. En outubro do ano 1999 o terreo pasou a titularidade municipal ó ser adquirida ós irmáns Briz Saraiva por 150 millóns de pesetas. Dende aquela recibiu por parte do concello a denominación de Finca de Briz, perdéndose así a o vencello que co apelido Munaiz mantivera ó longo de tantos anos. Despois de case 11 anos de rehabilitación dos edificios e de acondicionamento da contorna, o parque foi inaugurado o 26 de marzo de 2011