Skip to content

Fervenza Rexidoira 4 Traditional Geocache

This cache is temporarily unavailable.

Famircal: Como caeron moitas árbores, desactivamos ata facer mantemento e comprobar se hai que reubicalo.

More
Hidden : 6/3/2021
Difficulty:
1.5 out of 5
Terrain:
3 out of 5

Size: Size:   small (small)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


SM17 Fervenzas da Rexidoira

Galego

Situada na parroquia de Filgueira de Barranca, pertencente ao municipio de Oza-Cesuras, esta ruta, moi exixente pero breve (1,3 km), condúcete ata un dos hábitats típicos desta bisbarra: as fervenzas escondidas entre densos bosques autóctonos. Nese tramo o río Mendo descende desde os 475 metros sobre o nivel do mar ata os 380, nun tramo de apenas 600 metros.

Aínda que está catalogada de dificultade alta, se imos con coidade, non deberiamos ter ningún problema para facela

Mentres baixas ao encontro dos catro saltos de auga, prestando constante atención a asegurar os teus pasos, irán e virán arredor de ti numerosas especies de aves forestais por entre abeleiras, ameneiros ou loureiros. Entre elas, ferreiriños negros e reais, ferreiriños azuis, gabeadores, paporrubios, merlos, picafollas… Unha vez xunto á auga, atención á presenza de merlos rieiros.

Malia que calquera momento do ano é bo para facer esta visita, os meses máis chuviosos serán loxicamente os que convertan as fervenzas en máis espectaculares. Na primavera, a música da auga combinarase coa das aves presentes.

O percorrido ata as catro fervenzas está ben sinalizado. Unha varanda e algunhas cordas axudaranche a facer parte do paseo. Se o terreo está húmido, extrema o coidado. En ningún momento abandones a ruta: podería ser perigoso. Coidado cos esvaróns!

Unha vez deixado o coche, nós, desta vez fixemos a ruta ao revés, comezamos pola Fervenza 4 e rematamos pola 1, así, conseguimos que o treito mais difícil entre a Fervenza 2 e a 3 sexa de subida e non de baixada.

Unha vez iniciado o carreiro temos unha bifurcación, collemos o camiño cara a Fervenza 4, tamén chamada do Batán. Aquí, nas proximidades, entre un conxunto de árbores que comparten raíz, deixamos agochado un botiño, con algún obxecto de intercambio. Mirade a foto spoiler.

Logo hai que volver cara atrás para a Fervenza 3 coñecida como o Pozo da Ola.

Despois de subir un treito agarrándonos ás cordas chegamos á Fervenza 2, con máis de 8 m de altura pero moi encaixada nunha gorxa de pedra e non se pode ver na súa totalidade.

E, por último, chegamos á Fervenza 1, a única que dispón de miradoiro.

E agora se continuamos o carreiro, chegamos á pista de acceso, as recomendacións falan de 1 hora e pódese facer en menos, pero dá para gozar e pasar unha mañá ou tarde enteira gozando da vexetación e da auga.

Fonte: https://turismo.marinasbetanzos.gal/rutas/fervenzas-da-rexidoira/?lang=gl

Castellano

Situada en la parroquia de Filgueira de Barranca, perteneciente al municipio de Oza-Cesuras, esta ruta, muy exigente pero breve (1,3 km), te conduce hasta uno de los hábitats típicos de esta comarca: las cascadas escondidas entre densos bosques autóctonos. En ese tramo el río Mendo desciende desde los 475 metros sobre el nivel del mar hasta los 380, en un tramo de apenas 600 metros.

Aunque está  catalogada de dificultad alta, si vamos con cuidado, no deberíamos tener ningún problema para hacerla

Mientras bajas al encuentro de los cuatro saltos de agua, prestando constante atención a asegurar tus pasos, irán y vendrán en torno a ti numerosas especies de aves forestales por entre avellanos, alisos o laureles. Entre ellas, carboneros garrapinos y comunes, herrerillos comunes, agateadores comunes, petirrojos, mirlos, mosquiteros… Una vez junto al agua, atención a la presencia de mirlo-acuático europeo.

Si bien cualquier momento del año es bueno para hacer esta visita, los meses más lluviosos serán lógicamente los que conviertan las cascadas en más espectaculares. En primavera, la música del agua se combinará con la de las aves presentes.

El recorrido hasta las cuatro cascadas está bien señalizado. Una barandilla y algunas cuerdas te ayudarán a hacer parte del paseo. Si el terreno está húmedo, extrema el cuidado. En ningún momento abandones la ruta: podría ser peligroso. ¡Cuidado con los resbalones!

Una vez aparcado el coche, nosotros, esta vez hicimos la ruta a revés, comenzamos por la Fervenza 4 y acabamos por la 1, así, conseguimos que el trecho más difícil entre la Fervenza 2 y la 3 sea de subida y no de bajada.

Una vez iniciado el sendero tenemos una bifurcación, tomamos el camino hacia la Fervenza 4, también llamada do Batán. Aquí, en las proximidades, entre un conjunto de árboles que comparten raíz, dejamos escondido un bote, con algún objeto de intercambio. Mirad la foto spoiler.

Luego hay que volver hacia atrás para la Fervenza 3 conocida como el Pozo da Ola.

Después de subir un trecho agarrándonos a las cuerdas llegamos a la Fervenza 2, con más de 8 m de altura pero muy encajonada en una garganta de piedra y no se puede ver en su totalidad.

Y, por último, llegamos a la Fervenza 1, la única que dispone de mirador.

Y ahora si continuamos el sendero, llegamos a la pista de acceso, las recomendaciones hablan de 1 hora y se puede hacer en menos, pero da para disfrutar y pasar una mañana o tarde entera disfrutando de la vegetación y del agua.

Additional Hints (Decrypt)

Rfgá an qrfpevpvóa // Rfgá ra yn qrfpevcpvóa

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)