Skip to content

Central hidroeléctrica do Tambre Traditional Cache

Hidden : 1/2/2022
Difficulty:
2.5 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   micro (micro)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Galego        Castellano        English (Sorry, not available)


Central hidroeléctrica do Tambre

A Central Hidroeléctrica do Tambre constitúe un conxunto único no patrimonio industrial español. No ano 1924 a Sociedad Gallega de Electricidad encarga o proxecto ao arquitecto Antonio Palacios, autor dun deseño historicista. Edificio industrial que alberga a nave de máquinas da central hidroeléctrica. O edificio de estilo neorrománico é de planta rectangular e tellado a dúas augas. Feito a base de perpiaño granítico á vista e de tipo almofadado. A Central concibiuse como unha grande nave catedralicia con amplas ventás, contrafortes e unha portada con arco de medio punto. Diante está a antiga residencia, destinada a quen ocasionalmente viña a realizar algún traballo ou labores de supervisión.

A central está considerado o primeiro aproveitamento industrial de Galicia destinado a grandes consumos. Malia unha integración na paisaxe dun xeito moi afastado da posterior tradición dos saltos hidroeléctricos construídos durante o chamado ‘desarrollismo’, por desgraza, a construción do embalse terminou coa fauna fluvial do río Tambre que foi en tempos rico en lampreas e salmóns.

Antonio Palacios

Naceu na localidade pontevedresa de O Porriño o 8 de xaneiro de 1874. E aínda que sentía, dende ben pequeno, paixón pola pintura e a escultura, finalmente en 1892 decidiu trasladarse a Madrid para estudar arquitectura.

Os edificios de Palacios transformaron a principios do século XX Madrid. O seu legado son obras monumentais como o Palacio de Comunicacións, o Círculo de Belas Artes, o Instituto Cervantes, o Casino de Madrid ou a Casa Matesanz. Foi o arquitecto encargado do deseño de interiores das primeiras estacións do Metro de Madrid, organizou os accesos e a estética das primeiras liñas e creou o seu popular logotipo en forma de rombo.

Da súa etapa en Galicia, son, o teatro García Barbón de Vigo, convertido hoxe en centro cultural, o Balneario de Mondariz, que recuperou o seu esplendor nos últimos anos. A casa do concello do seu Porriño natal. O Templo da Veracruz de Carballiño –custeado pola emigración galega en América- e o Templo Votivo do Mar de Panxón. Esta central hidroeléctrica do Tambre, o Monumento Virxe da Roca en Baiona e a Fonte do Cristo no Porriño ou a Botica Nova na mesma localidade.

Datos técnicos da Central Hidroeléctrica Tambre I

Esta central hidráulica situada en Noia explótaa Naturgy Iberia S. a. con sé en Madrid. Consta de:

4 grupos de xeradores.

23,57 MW de potencia bruta total.

Tipo de presa por gravidade, consta de 1 cámara de carga.

Caudal concesional 22.30 m3/s

Enerxía producible ao ano 89 GWh de media.

Presa e aliviadoiro (Embalse Barrié da Maza)

De gravidade e planta recta. A coroación ten unha lonxitude de 160 m, sendo a súa altura máxima sobre cimentos de 44,50 m e o volume total de obra de fábrica de 69.100 m3. A capacidade máxima de desaugue de 1.100 m3/s con máximo nivel de embalse. Caudal medio anual 52 m3/s.

Canle de condución

Parte da esquerda da presa e toma a auga do desafogue do grupo 1 da CH Tambre III que á súa vez toma a auga dos desaugues de fondo do embalse por medio de dúas tubaxes de 1,40 m de diámetro, pechadas por comportas. Ten unha lonxitude de 7 km cunha pendente do 0,4 por mil e termina nunha cámara de carga, da cal parten catro tubaxes a presión que alimentan aos catro grupos da central Tambre I. Salto bruto desde a cámara de carga 97,34 m

Central e equipamento electromecánico

Totalmente exterior, separada da presa, está situada aproximadamente a 7 km augas abaixo da presa e que aloxa catro grupos coas seguintes características:

Desde 2004 ten tres grupos iguais, equipados con turbina tipo Francis de eixe horizontal, cunha potencia de 5.000 CV e un consumo de 4 m3/s a 750 revolucións por minuto, axustada a un alternador INDAR de 4.600 kVA de potencia. Os equipos empregados con anterioridade poden verse na zona axardinada.

Un grupo equipado con turbina tipo Francis, de eixe vertical ESCHER WYSSCIE, cunha potencia de 11.550 CV e un consumo de 10,3 m3/s a 500 revolucións por minuto, axustada a alternador BBE de 10.600 kVA de potencia.

Breve explicación de como funciona a central hidroeléctrica.

O fundamento destas instalacións baséase en transformar a enerxía potencial da masa de auga retida nunha presa, en enerxía eléctrica. Para iso, a auga situada no punto máis alto (neste caso na cámara de carga) condúcese por una tubaxe forzada ata a turbina onde se transmite o movemento a un xerador, que o transforma en enerxía eléctrica.

Horarios do tren

 

Galego        Castellano        English (Sorry, not available)


Central hidroeléctrica del Tambre

La Central Hidroeléctrica del Tambre constituye un conjunto único en el patrimonio industrial español. En el año 1924 a Sociedad Gallega de Electricidad encarga el proyecto al arquitecto Antonio Palacios, autor de un diseño historicista. Edificio industrial que alberga la nave de máquinas de la central hidroeléctrica. El edificio de estilo neorrománico es de planta rectangular y tejado a dos aguas. Hecho a base de sillería granítica a la vista y de tipo almohadillado. La Central se concibió cómo una gran nave catedralicia con amplias ventanas, contrafuertes y una portada con arco de medio punto. Delante está la antigua residencia, destinada a quien ocasionalmente venía a realizar algún trabajo o labores de supervisión.

La central está considerado el primer aprovechamiento industrial de Galicia destinado a grandes consumos. A pesar de una integración en el paisaje de una manera muy alejada de la posterior tradición de los saltos hidroeléctricos construidos durante el llamado ‘desarrollismo’, por desgracia, la construcción del embalse terminó con la fauna fluvial del río Tambre que fue en tiempos rico en lampreas y salmones.

Antonio Palacios

Nació en la localidad pontevedresa de O Porriño el 8 de enero de 1874. Y aunque sentía, desde muy pequeño, pasión por la pintura y la escultura, finalmente en 1892 decidió trasladarse la Madrid para estudiar arquitectura.

Los edificios de Palacios transformaron a principios del siglo XX Madrid. Su legado son obras monumentales como el Palacio de Comunicaciones, el Círculo de Bellas Artes, el Instituto Cervantes, el Casino de Madrid o la Casa Matesanz. Fue el arquitecto encargado del diseño de interiores de las primeras estaciones del Metro de Madrid, organizó los accesos y la estética de las primeras líneas y creó su popular logotipo en forma de rombo.

De su etapa en Galicia, son, el teatro García Barbón de Vigo, convertido hoy en centro cultural, el Balneario de Mondariz, que recuperó su esplendor nos últimos años. La casa del ayuntamiento de su Porriño natal. El Templo de la Veracruz de O Carballiño costeado por la emigración gallega en América y el Templo Votivo del Mar de Panxón, también esta central hidroeléctrica del Tambre, el Monumento Virgen de la Roca en Baiona y la Fuente del Cristo en O Porriño o la Botica Nueva en la misma localidad.

Datos técnicos de la Central Hidroeléctrica Tambre I

Esta central hidráulica situada en Noia la explota Naturgy Iberia S. A. con sede en Madrid. Consta de:

4 grupos de generadores.

23,57 MW de potencia bruta total.

Tipo de presa por gravedad, consta de 1 cámara de carga.

Caudal concesional 22.30 m3/s

Energía producible al año 89 GWh de media.

Presa y aliviadero (Embalse Barrié de la Maza)

De gravedad y planta recta. La coronación tiene una longitud de 160 m, siendo su altura máxima sobre cimientos de 44,50 m y el volumen total de obra de fábrica de 69.100 m3. La capacidad máxima de desagüe de 1.100 m3/s con máximo nivel de embalse. Caudal medio anual 52 m3/s

Canal de condución

Parte de la izquierda de la presa y toma el agua del desfogue del grupo 1 de la CH Tambre III que a su vez toma el agua de los desagües de fondo del embalse por medio de dos tuberías de 1,40 m de diámetro, cerradas por compuertas. Tiene una longitud de 7 km con una pendiente del 0,4 por mil y termina en una cámara de carga, de la cual parten cuatro tuberías a presión que alimentan a los cuatro grupos de la central Tambre I. Salto bruto desde la cámara de carga 97,34 m

Central y equipamiento electromecánico

Totalmente exterior, separada de la presa, está situada aproximadamente a 7 km aguas abajo de la presa y que aloja cuatro grupos con las siguientes características:

Desde 2004 tiene tres grupos iguales, equipados con turbina tipo Francis de eje horizontal, con una potencia de 5.000 CV y un consumo de 4 m3/s a 750 revoluciones por minuto, acoplada a un alternador INDAR de 4.600 kVA de potencia. Lo equipos empleados con anterioridad pueden verse en la zona ajardinada.

Un grupo equipado con turbina tipo Francis, de eje vertical ESCHER WYSSCIE, con una potencia de 11.550 CV y un consumo de 10,3 m3/s a 500 revoluciones por minuto, acoplada a alternador BBE de 10.600 kVA de potencia.

Breve explicación de cómo funciona la central hidroeléctrica.

El fundamento de estas instalaciones se basa en transformar la energía potencial de la masa de agua retenida en una presa, en energía eléctrica. Para ello, el agua situada en el punto más alto (en este caso en la cámara de carga) se conduce hasta la turbina donde se transmite el movimiento a un generador, que lo transforma en energía eléctrica.

Horarios do tren

 

Additional Hints (Decrypt)

Nzbqvñb cnen dhr aba pnvn Qrfcnpvb cnen dhr ab pnvtn

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)