Lavadoiro de pedra, de base rectangular, un metro máis baixo do nivel de rúa. Dispón dunha cuberta de tella cerámica curva a catro augas sobre unha estrutura de vigas de madeira vista que descansan en columnas cadradas de pedra. Ademais, ten uns cerramentos laterais con muros de mampostería, ata unha altura inferior á da cuberta, permitindo a entrada de luz natural