
Galego
Carlos II de España, “o Enfeitizado” comezou o seu reinado cando chegou á maioría de idade en 1665. Era unha persoa débil e enfermiza. Casado con María Luisa de Orleans, sobriña de Luís XIV, non puideron ter fillos. Á súa morte, fíxose necesario buscar unha nova esposa para que lle dera un herdeiro ao rei.
A elixida foi Mariana de Neoburgo, sobre todo pola fama de fecundidade da súa familia: a súa nai criara nove fillos e oito fillas. Así, o 28 de agosto de 1689 celebrouse en Ingolstadt (Alemaña) a súa voda por poderes, e seis días despois a nova raíña comezou a súa viaxe a España.
A Guerra dos Nove Anos impediu a Mariana de Neoburgo viaxar por terra. Por iso optouse por unha ruta alternativa: por terra ata os Países Baixos e despois por mar ata Santander con escala en Inglaterra. A viaxe foi un inferno polo mal estado do mar, con mareos e malestar case continuo. Os fortes temporais fixeron que a frota se desviara cara á Coruña, pero as ondas e o forte vento obrigaron a buscar refuxio na ría de Ferrol, onde o 28 de marzo o barco encallou preto da localidade de Mugardos.
O desembarco da raíña non tivo lugar ata o 16 de abril, sete meses e medio despois da súa saída de Neoburg, con tan mala sorte que ao poñer un pé na pedra escollida para ela, a raíña esvarou e caeu sentada sobre o seu traseiro. Desde ese día, aquela pedra redondeada situada a carón do castelo da Palma, na marxe sur da ría de Ferrol, coñécese como "o cu da raíña". Tras o contratempo, a raíña foi moi ben tratada en Mugardos, o que lle valeu o título de Vila Real outorgado por Carlos II, o primeiro dos dous que ostenta, ademais de eximir aos mozos mugardeses do servizo no exército ou na armada.
Dende Mugardos a raíña foi a Pontedeume, onde pasou dúas noites, Betanzos e A Coruña. Antes de acudir á Corte de Valladolid, a raíña quixo peregrinar a Compostela para postrarse ante o Apóstolo. Parecía que a mala sorte perseguía a Mariana de Neoburgo, xa que o botafumeiro soltouse en plena función caendo aos seus pés e milagrosamente non a esmagou. A delegación chegou finalmente a Valladolid o 3 de maio de 1690.
Fonte: https://vadebarcos.net/2021/11/27/cuando-en-1690-el-culo-de-una-reina-de-espana-bautizo-una-piedra-de-la-ria-de-ferrol/
O caché é de tamaño micro e está ao pé da torre tapado con pedras.

Español
Carlos II de España, “el Hechizado” comenzó su reinado al alcanzar la mayoría de edad en 1665. Era una persona débil y enfermiza. Casado con María Luisa de Orleans, sobrina de Luís XIV, no consiguieron tener descendencia. A la muerte de ésta,se hacía necesario encontrar una nueva esposa para el rey que le diera un heredero.
La escogida fue Mariana de Neoburgo, sobre todo por la fama de fertilidad de su familia: su madre había criado a nueve hijos y ocho hijas. Así, el 28 de agosto de 1689 se celebró en Ingolstadt (Alemania) su boda por poderes, y seis días después la nueva reina comenzó su viaje a España.
La guerra de los Nueve Años impidió el viaje por tierra de Mariana de Neoburgo. Por ello se escogió una ruta alternativa: por tierra hasta los Países Bajos, después por mar a Santander haciendo escala en Inglaterra. El viaje fue un infierno por el mal estado de la mar, con mareos y malestar casi continuo. Las fuertes tormentas hicieron a la flota desviarse en su destino hacia A Coruña, pero el oleaje y el fuerte viento los obligaron a buscar refugio en la ría de Ferrol, en donde el 28 de marzo el barco encalló cerca de la villa de Mugardos.
El desembarco de la reina no se produjo hasta el 16 de abril, siete meses y medio después de su partida de Neoburgo, con tal mala suerte que al poner el pie en la piedra elegida para ello la reina se resbaló y se cayó sentada sobre su culo. Desde ese día, esa piedra redondeada situada junto al castillo de la Palma, en la margen sur de la ría de Ferrol, se conoce como “o cu da raiña”. Tras el traspié, la reina fue tratada muy bien en Mugardos, lo que le valió el título de Real Villa otorgado por Carlos II, el primero de los dos que ostenta, además de eximir a los jóvenes mugardeses del servicio en el ejército o la marina.
De Mugardos la reina pasó a Pontedeume, en donde hizo dos noches, Betanzos y A Coruña. Antes de dirigirse a la Corte en Valladolid, la reina quiso peregrinar a Compostela para postrarse ante el Apóstol. Parecía que la mala suerte perseguía a Mariana de Neoburgo, ya que el botafumeiro se soltó en plena función cayendo a sus pies y no aplastándola de milagro. La comitiva llegó finalmente a Valladolid el 3 de mayo de 1690.
El caché es de tamaño micro y está al pie de la torre tapado con piedras

English (Google Traslate)
Carlos II of Spain, “the Bewitched” began his reign when he came of age in 1665. He was a weak and sickly person. Married to María Luisa de Orleans, niece of Luis XIV, they were unable to have children. Upon her death, it became necessary to find a new wife for the king to give him an heir to her.
Her chosen one was Mariana de Neoburgo, above all because of her family's fame of fertility: her mother had raised nine sons and eight daughters. Thus, on August 28, 1689, her wedding was celebrated in Ingolstadt (Germany) by her powers, and six days later the new queen began her journey to Spain.
The Nine Years' War prevented Mariana de Neoburgo from traveling overland. For this reason, she chose an alternative route: by land to the Netherlands, then by sea to Santander with a stopover in England. The trip was hell due to the bad state of the sea, with dizziness and almost continuous discomfort. The strong storms made the fleet divert towards A Coruña, but the waves and the strong wind forced them to seek refuge in the Ferrol estuary, where on March 28 the ship ran aground near the town of Mugardos.
The queen's landing did not take place until April 16, seven and a half months after her departure from Neoburg, with such bad luck that when she set foot on the stone chosen for it, the queen slipped and fell sitting on her chair. ass. Since that day, that rounded stone located next to the castle of La Palma, on the south bank of the Ferrol estuary, has been known as “o cu da raiña”. After the setback, the queen was treated very well in Mugardos, which earned her the title of Royal Villa granted by Carlos II, the first of the two she holds, in addition to exempting young Mugardos from service in the army or the navy. .
From Mugardos the queen went to Pontedeume, where she spent two nights, Betanzos and A Coruña. Before going to the Court in Valladolid, the queen wanted to make a pilgrimage to Compostela to prostrate herself before the Apostle. It seemed that bad luck was chasing Mariana de Neoburgo, since the botafumeiro was released in full function, falling at her feet and miraculously not crushing her. The delegation finally arrived in Valladolid on May 3, 1690.
The cache is micro-sized and is at the foot of the tower covered with stones.
