Skip to content

Praza Pablo Iglesias. Traditional Cache

This cache is temporarily unavailable.

D_Barreira: Predeciblemente expoliado.

More
Hidden : 4/11/2022
Difficulty:
2.5 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   micro (micro)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Praza inaguruada en Maio de 1988, en honor ao tipógrafo e político ferrolán Pablo Iglesias Posse, fundador do Partido Socialista Obrero Español (PSOE) e da Unión Xeral de Traballadores (UXT).

Pablo Iglesias naceu en Ferrol, nunha familia humilde. Cando tiña 9 anos morreu seu pai, e emigrou a Madrid xunto á súa nai e ó seu irmán menor. Alí a súa nai vivía pedindo esmola, polo que debido á falla de fondos foi ingresado no hospicio de San Fernando, que abandonou ós 12 anos. Acabados os seus estudos primarios e de tipógrafo, entrou a traballar nunha imprenta á vez que asistía a clases nocturnas de francés pagadas por el mesmo.

Durante o Sexenio Revolucionario (1869-1875) asistíu a unha serie de charlas en Madrid, entrando a formar parte da sección de tipógrafos en 1870. Tras isto, comezou a sufrir persecucións e despedimentos por parte de distintas imprentas até que en 1874 conseguiu acceder á presidencia da Asociación Xeral da Arte de Imprimir. Dende este posto comezou a preparar, na clandestinidade, un novo partido político de corte obreiro-socialista, que culminou o 2 de maio de 1879 coa fundación clandestina do PSOE na Casa Labra, xunto a 16 tipógrafos, 4 médicos, un doutor, dous xoieiros, un marmorista e un zapateiro.

En 1885, tras abandonar a presidencia da Asociación Xeral da Arte de Imprimir conseguiu o máximo posto na Federación Tipográfica Española. O 12 de maio de 1886 sae á luz o primeiro número de El Socialista, revista de corte obreiro-sindicalista fundada por el mesmo.

En 1888 fundou a Unión Xeral de Traballadores (UXT) , e en 1890 encabezou a primeira manifestación do 1 de Maio en España, na que se esixía a xornada laboral de 8 horas e o cesamento do emprego de nenos en actividades laborais. Tamén nese ano celebrou o II Congreso do PSOE, no que se decidiu participar nas eleccións como partido republicano de corte obreiro-socialista.

En 1908 fundou a Casa do Pobo de Madrid, en 1909 foi detido ilegalmente e en 1910 foi o primeriro deputado do PSOE da historia no Parlamento Español.

En 1919 cesou parcialmente das súas obrigacións políticas por mor dunha pulmonía e unha saúde cada vez máis resentida.

 

Additional Hints (No hints available.)