
Tapia. Parroquia de Tapia
A primeira referencia fiable acerca da existencia do e ificio data do 1598, ano que reci e unha visita dioc sana. ste documento resalta a súa austeridade e escaseza de medios, xa que nin sequera contaba con retablo nin sagrario. Esta situación foi cambiando co tempo, e en 1651 xa había un retablo para acoller as imaxes e adornar a igrexa. A mediados do XVIII o seu aspecto está bastante mellora o, con todo, en 1772 planif couse unha obra de nova planta, e mesmo o traslado a un lugar menos úmido. A oposición da veciñanza a este traslado demorou as obras, pero en 1791 estaba, por fin, finalizada. A pesar desta cronoloxía tardía o templo corresponde ao estilo barroco, de gran influencia compostelá. Presenta planta de salón e capela maior con forma rectangular. No interior realizouse un a profunda rehabilitación en tempos recentes.
Na capela maior conservouse a pedra á vista e esta é a única parte do edifi io que mantén a cuberta orixinal. Carece de retablo, polo que as imaxes están situadas sobre ménsulas e pres didas polo santo patrón. Outros datos: Na contorna da igrexa atopamos dous sinxelos e austeros cruceiros.
Un atópase no centro do cemiterio e o outro no c miño que conduce a Vilouta. Desde o atrio contémplase unha fermosa e completa panorámi a do río Tambre, das instalacions da praia fluvial e do que en tempos foi tamén parte da horta de Santia o de Compostela.
Gracias á inestimable colaboración no maquetado da páxina a OGolpe

Podes validar a solución con certitude.