Skip to content

Priorado de San Mamede Mystery Cache

Hidden : 7/14/2022
Difficulty:
3 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   micro (micro)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Fachada


Este caché, con matrícula ES144, pertenece a la lista GEOIGLESIAS ESPAÑA, da de alta en esta lista tus cachés relacionados con iglesias, a través de Geoiglesias.wordpress.com.



As primeiras referencias ao priorado datan do século XII. Documentos composteláns refiren a esa época a existencia dun pequeno mosteiro, aínda que algúns autores consideran que a súa orixe pode ser anterior. Na historia compostelá relátase como o abade D. Arias, cede a propiedade ao Rei Alfonso VI, e como máis tarde, no ano 1107, a súa filla Dona Urraca, e o seu home, D. Raimundo de Borgoña, devolven a cesión ao Arcebispado Compostelá. A partir do século XV pasou a ser patrimonio da Colexiata de Santa Maria de Sar, como parroquia rural.

 

Caveiras

Tratábase dun mosteiro beneditino e considérase que foi unha granxa que abastecía a San Martiño Pinario, ademais de servir a casa correccional para os monxes composteláns. Desaparecido o Priorado, foi durante moitos anos a Casa Reitoral da Parroquia de San Mamede.

 

Caveiras

Xunto ao edificio do Priorado atópase a igrexa. Desde os tempos medievais nos que se constituíu a parroquia existiu un templo neste lugar. A igrexa que chegou ata os nosos días debe moito ás obras realizadas no século XVIII. Algunhas pedras do edificio anterior están hoxe incorporadas ao muro este, onde se sitúa a sancristía do novo templo. Cara a 1740 o corpo novo e a cuberta de madeira estaban finalizados, pero ata finais do século non sería reparada a capela maior, capela que foi cuberta cunha bóveda nova. A fachada podemos datala entre 1786 e 1818. Está concibida seguindo cánones clásicos, a pesar de que conserva pináculos de gusto barroco para proxectar verticalmente o edificio. O campanario é un engadido posterior, seguramente ben entrado o século XIX. O interior é sinxelo, a capela maior conserva a bóveda de canón antigo e está adornada cun retablo barroco.

 

Cruceiro

Outros datos:

A casa reitoral é unha gran construción cúbica que preside o atrio. Durante algún tempo acolleu, na planta baixa, o teleclub veciñal. Na parcela da beira podemos ver un hórreo de grandes dimensións, que, segundo parece, pertenceu á casa grande de Frenza. O cruceiro é unha peza sinxela e austera.

 

Gracias á inestimable colaboración no maquetado da páxina  a OGolpe

 


Podes validar a solución con certitude.

Additional Hints (No hints available.)