Percorrido circular de 7 km e dificultade media, que permite coñecer o conxunto etnográfico dos muíños de Riamonte.
Comézase o percorrido na pequena aldea do Vilar. Seguindo os postes indicativos, ascéndese por un vello camiño ata chegar ao primeiro dos muiños, o chamado de Ortoño, e o único que queda á beira dereita do regato.
A PARAXE
Elas non entenderon nada, ata que foron descifrando que era o mesmo que dicir en Ames: «¡María, trae as vacas agora mesmo que vén o trono!»
Este camiño que comunicaba Ameixenda con Ames pasaba entre os montes Leñaredo e San Marcos. Os días de ir ás mozas, xoves e domingos, o camiño enchíase de mozos daquela parroquia, de Villestro e aínda de Figueiras e Fecha, que viñan cortexar as mozas a Ames ou ás romarías, especialmente o Sanamaro.
Rexoubaban as vellas cando se decataban do casamento daqueles mozos:
"«¡Vai bo de levar cuadas por Riamontes abaixo!»"
Lémbrome cando me contaba o meu pai que por ese carreiro viña a súa avoa con seu pai, cando era neno, ao xornal a Lamas desde Reborido, onde vivían. Alí chegara o ano da fame, 1853, e despois asentáronse definitivamente en Lamas.
Texto: Os Muíños de Riamontes, Maximino Viaño.