GC9XN08 ▼
Size:  (micro)
Percorrido circular de 7 km e dificultade media, que permite coñecer o conxunto etnográfico dos muíños de Riamonte.
Comézase o percorrido na pequena aldea do Vilar. Seguindo os postes indicativos, ascéndese por un vello camiño ata chegar ao primeiro dos muiños, o chamado de Ortoño, e o único que queda á beira dereita do regato.
Tras pasar o Pozo a ruta continúa por pistas forestais en constante subida entre plantacións de eucaliptos, ata chegar ao momento máis alto do percorrido. Trátase do Miradoiro do Monte de San Marcos, situado a 343 metros de altitude. Desde aquí, pódese contemplar unha magnífica panorámica do val do río Sar (Val da Maía) e de toda a comarca. Uns 200 metros máis arriba atópanse as ruínas da Ermida de San Marcos e dunha torre de vixilancia posiblemente de época medieval.
O regreso á aldea faise en continuo descenso, alternando entre monte baixo de toxo e eucaliptal, rodeando a ladeira do Monte de San Marcos. Os últimos dous quilómetros vólvense a achegar preto do regato de Riamonte e do bosque de ribeira para finalizar no mesmo punto onde comezou o camiño.
"As augas dos regatos que non estaban prorrateadas e que eran usadas nas predios con total liberdade chamábanse:"
Puedes validar la solución a tu puzzle con certitude.
Nos primeiros caches (en orde de subida: 2, 3, 4, 28, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12 e 13) atoparás as coordenadas do mistery do nº 27. Vai apuntando cada número que atopes!
As coordenadas publicadas non son as finais. Hai misterys de varios formatos, algúns conteñen preguntas cuxa solución está no resto de caches da serie. O grao de dificultade e terreo unifícase cunha media de 2.5.
Disfruta, xoga e pásao ben, respecta o entorno e non divulgues información relativa ás coordenadas finais. E se podes... PRACTICA CITO!
Additional Hints (No hints available.)
What are Attributes?
Advertising with Us
You'll collect a digital Treasure from one of these collections when you find and log this geocache: