Skip to content

Ribeira do Mandeo #7: Camiño de Zarzo. Traditional Cache

Hidden : 8/25/2022
Difficulty:
1.5 out of 5
Terrain:
2 out of 5

Size: Size:   small (small)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


ZEC BETANZOS - MANDEO.

 
A Ribeira do Mandeo é un lugar de gran riqueza biolóxica e preciosas paisaxes que poderás descubrir camiñando. O río Mandeo nace no Marco das Pías, na Serra da Cova da Serpe, e desemboca na ría de Betanzos tras un percorrido duns 56 km.
 
A ría de Betanzos, o curso baixo e parte do curso medio do río Mandeo xunto con parte do seu afluente o río Zarzo, o tramo baixo do río Mendo e a desembocadura do río Lambre, conforman un espazo natural protexido que forma parte da Rede Natura 2000, unha rede europea para a conservación da biodiversidade, a Zona Especial de Conservación Betanzos - Mandeo.
 
Entre os hábitats que sobresaen neste espazo natural destacan os bosques de ribeira de ameneiros e freixos e as carballeiras que dan refuxio e alimento a unha grande diversidade de especies, algunhas das cales son raras, están ameazadas ou en perigo de extinción.
 
Acolle ademais especies vexetais escasas e ameazadas principalmente pola desaparición dos bosques de ribeira, como o bonito picamortelos (Narcissus cyclamineus) ou varios fieitos relícticos do Terciario, entre eles o fento de botón (Woodwardia radicans).
 
Entre a fauna que atopará refuxio nas aguas da ZEC Betanzos - Mandeo destaca cada vez máis o escaso mexillón de río, intimamente ligado a ríos con presenza de peixes migratorios como o reo e o salmón, e tamén mamíferos protexidos como o auganeiro e a lontra. Entre a espesura dos húmidos bosques refuxiase a píntega rabilonga, unha pequena xoia da fauna galega que é endémica do noroeste ibérico, ou o curioso e ameazado caracol de Quimper.
 
 

A RUTA.

 
O paseo que vos expoño condúcenos dende Chelo, río arriba, ata a mini Central Hidroeléctrica de Zarzo, para voltar de novo ao punto de inicio pola outra beira. O percorrido de ida e volta é de aproximadamente 6,5 kms, de dificultade baixa en época estival.
 
Tódolos cachés están na marxe dereita do río. A miña proposta é facelos á ida e deixar a volta pra facer "co móbil na mochila", mais cada un é libre de facer o que lle pete. A ruta non require de track ningún, posto que o discurrir sempre en paralelo ao río non ten perda.
 
Co chan mollado e o río crecido a dificultade pasa a ser media. En especial o tramo que vai dende o caché #1 ao #3, polo esbaradizo que pode chegar a ser o terreo; neste caso é imprescindible bo calzado e moito tino.
 
Na marxe dereita hai en case todo o percorrido dúas sendas moi próximas que van en paralelo ao río, no verán pódese ir perfectamente pola de abaixo, mais no inverno é posible que teña tramos anegados, polo que se terá que ir intercalando unha senda con outra, ou ir pola de arriba directamente. Os cachés están colocados de tal xeito que se poden coller vaias por unha ou por outra, sen dar moito rodeo.
 
 

SOUVENIR.

 
Se completas os 8 cachés da serie e estás interesadx, fálame por privado e envíoche o souvenir para que o poñas no teu perfil.
 

Additional Hints (Decrypt)

Rager bf gebapbf dhr fhkrvgna gebapbf.

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)