Skip to content

Miradoiro da Illa Pancha Traditional Cache

Hidden : 8/16/2023
Difficulty:
1 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   micro (micro)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Miradoiro da Illa Pancha. 

Illa Pancha atópase na punta noroeste de Ribadeo, en plena Mariña lucense, na desembocadura do río Eo. Ten unha extensión de 1'1 hectáreas, de orografía moi escarpada e recortada, aínda que ten unha cima plana, onde están instalados dous faros: o antigo faro de Ribadeo, construído no ano 1857, que se trata dun edificio de planta cuadrada pintado de branco e azul e que sirveu para o uso para o que foi concebido ata o ano 1983, ano no que foi construído o novo faro, consistente nunha torre cilíndrica de formigón pintado con franxas negras e brancas. A illa está unida a terra firme mediante unha estreita ponte. 

 

Pese a todo, hai que destacar que a vista de Illa Pancha é máis fermosa dende o Miradoiro que dende o propio faro, porque se aprecia a illa no seu conxunto. 

Ila Pancha, está cuberta de vexetación herbácea, incluída a invasiva unlla de gato, que na primaveira dalle unha cor lila característica cubrindo toda a illa e que resulta máis espectacular. 

Na cara exterior da illa, atópanse uns baixos de pedra, onde rompe unha onda os días de temporal: o "Panchorro", que se trata dunha onda de 10 - 20 metros de altura, que se caracteriza por ser diferente de cada vez. 

 

Como curiosidade, en setembro do ano 2007 a UNESCO, dentro do programa HOMBRE Y BIOSFERA, declararon o río Oscos, o río Eo e Terras do Burón como Reserva da Biosfera, pasando a convertirse na primeira reserva española intercomunitaria entre Galicia e Asturias. 

 

Hoxe en día, dende a aprobación do Plan para a reconversión dos antigos faros en aloxamentos turísticos no ano 2013 polo Consello de Ministros, o antigo faro da Illa Pancha ten un uso turístico. 

 

Additional Hints (Decrypt)

An pnen rkgrean qb zvenqbe, zvenaqb unpvn n vyyn, frthaqn pbyhzan qraqr n rfdhreqn. // Ra yn pnen rkgrean qry zvenqbe, zvenaqb unpvn yn vyyn, frthaqn pbyhzan qrfqr yn vmdhvreqn

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)