Skip to content

Con olas pero sen mar - Igrexa (IV) - CM ES151 Traditional Cache

Hidden : 10/14/2023
Difficulty:
1.5 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   micro (micro)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


San Tomé das Olas, é unha pequena aldea en Cartelle, que limita con Castrelo de Miño. No 2010 tiña 127 habitantes e no 2023, 87. A súa población descende anuelmente nun 1,1%, un dato preocupante. É destacábel xa que foi un gran centro alfareiro activo dende o século XVII ata 1930. Producéronse pucheiros, canecos e varios tipos de olas, sendo as máis características para carrexar a auga. Chegaban a ter unha capacidade de 16 litros, e foron utilizadas como medida de viño na comarca do Ribeiro.

A súa alfarería caracterízase por unha cor moura, resultado do fumazo no interior do forno. O desaparecido forno sitouse, aproximadamente, nas coordenadas N42 16.343 W008 01.580; ó oeste da aldea. Na actualidade, dista construcción xa non existen vestixios apreciábeis.

San Tomé tamén tiña unha capela, situada preto da fonte e do cruceiro, da que tampouco existen vestixios na actualidade, xa que foi derrubada trala construcción da igrexa nova, ás aforas do centro alfareiro.

Este caché se encontra na igrexa parroquial de San Tomé, construída na derradeira década do século XIX (non coma indica un cartel en Terzas) e dedicada a Santa María. Posúe unha planta estraña, poderíase clasificar coma de cruz latina. Ten unha ousia curiosa e pequenas fiestras que semellan neorrománicas. A súa espadana, con dous sinos, é típica nas aldeas galegas. O seu interior se pode ver os sábados ás 18:00 aproximadamente, cando a están limpando. Os domingos, ás 10:00, en misa. Tiven a sorte de ver o seu interior despois de catro anos, cando estaba escondendo este caché.

 Este caché, con matrícula ES151, pertenece a la lista GEOIGLESIAS ESPAÑA, da de alta en esta lista tus cachés relacionados con iglesias, a través de Geoiglesias.wordpress.com.

 

 

Additional Hints (Decrypt)

Fragn r ngócnzr

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)