Skip to content

O forno dos Mouros Traditional Geocache

Hidden : 12/16/2023
Difficulty:
1.5 out of 5
Terrain:
2 out of 5

Size: Size:   small (small)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


O Forno dos Mouros - Dolmen de A Moruxosa

O dolmen do Forno dos Mouros atópase na serra do Bocelo, está situado no lugar de A Moruxosa (Paradela, Toques). O PR-G 168 Roteiro dos Megalitos é un sendeiro de pequeno percorrido, de aproximadamente 12 km. Para chegar ata el, podemos ir ata o inicio do sendeiro en Donelle. En 1'5 km de camiño chegaremos ó dolmen. A outra opción é deixar o coche na carretera DP-8002, que dende Toques pasa por A Moruxosa. 

O Forno dos Mouros, trátase dun dos monumentos megalíticos mellor conservado do patrimonio galego. Está datado entre os períodos Neolítico e Calcolítico, polo que se cree que está datado 3.000 anos antes da era actual. 

O dolmen, considerado como Ben de Interese Cultural (BIC) dende o ano 2011, que se atopa ó pé do antigo Camiño Real, e antigo Camiño primitivo de Santiago. Antes de chegar ó propio dolmen, o primeiro que imos a ver é un gran bolo granítico, e a man dereita sale o camiño que nos leva primeiro ó panel informativo. 

O forno dos Mouros, presenta en total uns 20 metros de diámetro, e está construido con granito (ortogneis de Sobrado); e consta dunha cámara poligonal duns 3'3 metros de ancho no eixe maior, cuberto por unha gran lousa sostida por sete pilares, que miden 2'2 metros de altura. Tamén se conserva o corredor de acceso, formado por outras dúas grandes lousas, pero menores que as anteriores. 

Destaca a presencia de pinturas no seu interior, con motivos en zig-zag en vermello e negro sobre un revestimento branco. O estado de conservación peligraba nas últimas décadas, non só pola acción natural (auga, principalmente), se non tamén polo libre acceso á camara. 

 

Additional Hints (Decrypt)

Ohfpn ra yn vasbeznpvóa, dhr fvrzcer in ovra ;)

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)