Castellano (Traducción automática)
English (Machine translation)
O termo "pai Ulla" é unha mostra do cariño e da importancia simbólica que este río ten na cultura galega, sendo visto como un elemento protector e fundamental da terra.
O río Ulla segue sendo un dos ríos máis importantes de Galicia, tanto desde un punto de vista xeolóxico como cultural, económico e medioambiental.
O Ulla nace na Chousa da Poteira nos montes de Olveda (Antas de Ulla), na provincia de Lugo, a unha altitude de 646 metros sobre o nivel do mar. Percorre uns 136,7 quilómetros ata desembocar na ría de Arousa, no océano Atlántico a maior de Galicia (230 km⊃2;). A cunca do río Ulla abarca 2.803 km⊃2;, sendo a segunda máis importante de Galicia tras a do río Miño con un caudal medio anual de 57,38 m3 /sg. Este río é coñecido polos seus recursos piscícolas, especialmente o salmón, a lamprea, a anguía e a troita, o que o converte nun destino relevante para a pesca. É parte do sistema fluvial Ulla-Deza, incluído na Rede Natura 2000, o que subliña a súa importancia como patrimonio natural.
O río Ulla ten unha significativa importancia cultural, histórica e cultural. Foi fonte de inspiración para varios autores galegos: Ramón Cabanillas, Manuel María, Xosé Luís Méndez Ferrín, Ánxela Lema, Carlos Casares, Rosalía de Castro...
Cando o monte san Sebastián pon o capelo,
mociñas da Ulla, vestide o mantelo
Tamén dá nome ao Queixo da Ulloa, ten sona o mel do Ulla e os viños da Ribeira do Ulla que forman parte da DO Rías Baixas.

As ameazas medioambientais
O ecosistema do río Ulla enfronta varias ameazas, principalmente debido á contaminación e ao cambio climático. A caída do caudal do río, agravada pola variabilidade das precipitacións, aumentou os problemas de contaminación, especialmente nos tramos preto dos encoros de Portodemouros e Touro. Esta contaminación, que inclúe altos niveis de amonio, fosfatos e nitratos, provocou a eutrofización das súas augas, o que resulta na proliferación de cianobacterias tóxicas, afectando tanto á biodiversidade do río como á saúde humana.
Ademais, tal como demostran os veciños e diversas asociacións, a presión industrial coa reapertura das Minas de Touro (Touro, O Pino) e o proxecto da macroplanta de celulosa de Altri (A Ulloa), exacerba estes problemas, poñendo en risco a sustentabilidade do ecosistema fluvial, de ir adiante a planta de Altri cada día vai empregar 46 millones de litros de auga diarios da presa de Portodemouros o que acabará co río Ulla como fonte de vida.
O Ulla é, sen dúbida, moito máis que un simple curso de auga; é un elemento central na historia, cultura, economía e biodiversidade de Galicia, o que subliña a necesidade de preservar e valorar este importante recurso natural.
Todos os anos hai un programa "Goza do Ulla" que organizan os concellos ribeireños do Ulla, unha oportunidade para coñecer este río.

¿Como rexistrar este caché?
É sinxelo, fai unha foto no medio da ponte onde saia o pai Ulla e tamén ti ou algo que te identifique.
Os rexistros sen a foto obrigatoria serán borrados sen previo aviso.
Virtual Rewards 4.0 - 2024-2025
Este Cache Virtual é parte dunha edición limitada de Virtuals creada entre o 17 de xaneiro de 2024 e o 17 de xaneiro de 2025. Só 4.000 propietarios de caches tiveron a oportunidade de esconder un Cache Virtual. Aprende máis sobre Virtual Rewards 4.0 no Geocaching Blog.