Skip to content

Laxe dende a ventá - Capela de Santa Rosa de Lima Traditional Cache

Hidden : 4/20/2024
Difficulty:
1.5 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   small (small)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Laxe dende a ventá - Capela de Santa Rosa de Lima

Na comarca de Bergantiños, no punto máis alto de Laxe, atopamos unha estructura artificial cilíndrica de pedra cuberta por cemento que nos chamará a atención. Trátase dos restos dun antigo muiño que aproveitaba o vento da Costa da Morte para a moenda do gran. 

Este muiño foi construído por Manuel Ramos Mesía, quen explotou este muiño entre os anos 1924 e 1934, ata a chegada da electricidade. Xunto a este muiño, tamén había unhas dependencias próxima empregada polo muiñeiro para gardar a fariña moída e os animais que transportaban o gran ata o máis alto do monte Cornaceiras. 

Unha vez que se deixou de empregar o muiño para a moenda de gran, o propio Manuel empregou as pedras da dependencia do muiño para a construcción en 1941 da Capela de Santa Rosa de Lima, que se atopa moi preto da Cruz do Navegante, que xa existía dende 1676 e que foi construída por un navegante en promesa por unha viaxe a Perú, e do que se dí que baixo a cruz se esconde a reliquia da santa peruana. 

A capela de Santa Rosa de Lima trátase dunha edificación sinxela de cor branco e celeste que presenta na fachada unha porta apuntada e está coroada por unha espadaña con unha campá. Por debaixo desta, atópase a imaxe de Sta. Rosa cunha inscripción que pon "Capilla de la Santa Cruz de la Rosa", en referencia a Cruz do Navegante. Dentro da capela atopamos distintos exvotos de barcos colgados do teito e imaxes que representan a Cristo crucificado, a Santa Rosa cunha gran cruz á espalda e a Virxe de Fátima. Na parte traseira da capela, engadiuse un pórtico en 1995 cun pequeno altar para a celebración do 21 de xullo da Cruz da Rosa e o 30 de agosto na honra á mesma Santa Rosa. 

Donde se esconde o caché, nos restos do antigo muiño, achéganos ó punto máis alto da vila de Laxe, convertíndose nun espectacular mirador. 

 

Additional Hints (Decrypt)

Ra ry ynqb qrerpub qr yn iragnan, gncnqb pba cvrqenf. Gra rfcrpvny phvqnqb ny qrwneyb.

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)