Traducción automática - castellano
Machine translation - English
As escaleiras de franqueo para peixes ou escaleiras salmoneiras, son estruturas deseñadas para axudar aos peixes, especialmente aos salmóns, a sortear obstáculos como presas, encoros ou muros nos ríos durante a súa migración río arriba. Estas estruturas permiten que os peixes accedan a áreas de desova río arriba que doutro xeito estarían bloqueadas.
Estas escaleira permítenlle aos salmón chegar 10km río arriba ata o Centro Ictiológico de Ximonde.
Existen diversas estruturas para facilitar o paso dos peixes migratorios a través de obstáculos nos ríos, cada unha adaptada a diferentes situacións:
1.- Pasos rústicos: Utilizados para obstáculos pequenos, inclúen fendas, canais diagonais e comportas.
2.- Escalas de artesa ou estanques sucesivos: Consisten en estanques escalonados que disipan a enerxía da auga e ofrecen zonas de repouso para os peixes. Dentro destas inclúense as escalas con dúas fendeduras verticais simples ou fendeduras dobres.
3.- Escalas con ‘ralentizadores’: Utilizan deflectores en canais empinados para reducir a velocidade da auga.
4.- Esclusas para peixes: Funcionan como esclusas de navegación, atrapando e liberando peixes de maneira controlada.
5.- Ríos artificiais: Canais escavados que imitan leitos naturais, aínda que requiren moito espazo.
6.- Ascensores: Elevan aos peixes a niveis superiores mediante un compartimento inundable.
7.- Traslado en cubas: Método custoso, reservado para especies en perigo, que require condicións controladas de temperatura e osíxeno.
Importancia ecolóxica:
As escaleiras para peixes son cruciais para a conservación de especies migratorias como o salmón, que necesitan regresar ás súas zonas de desova río arriba. Sen estas estruturas, moitas poboacións de peixes poderían verse gravemente afectadas pola imposibilidade de reproducirse adecuadamente. Estes sistemas non só benefician aos peixes, senón que tamén axudan a manter a biodiversidade e a saúde xeral dos ecosistemas fluviais.
O caché
Obter as coordenadas finais é moi doado. Nas coordendas publicadas hai unhas escaleiras de franqueo para peixes, segundo o visto na descrición do caché, de que tipo pensas que son?
Subtitúe o número de orde por X nas coordenadas N 42 44.8(X+4)9, W 8 33.X98