Skip to content

O couto de Couso (O Xirimbao) Traditional Cache

Hidden : 8/13/2024
Difficulty:
2 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   micro (micro)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


O couto pesqueiro do Xirimbao abrangue un tramo de algo máis de medio quilómetro do río Ulla na parroquia teense de Reis mentres da outra banda do río está a parroquia estradense de Couso, polo que o couto se coñece como do Xirimbao ou de Couso. Unha ponte colgante peonil recentemente restaurada une as dúas ribeiras, que son apropiadas para practicar o sendeirismo pola existencia de camiños de pescadores. Mentres na teense hai unha área recreativa habilitada na carballeira próxima, na estradense celébrase a festa do escalo o primeiro domingo de agosto, pois estes peixes son máis abundantes que as troitas e os salmóns que tamén se poden atopar nestas augas.

Hai anos a captura do salmón era relativamente sinxela xa que se detiña na pequena presa que atravesa o río para coller forzas e continuar coa súa carreira contra a corrente. Hoxe, desde a construción dunha escala de pesca, o salmón chega ao couto de Ximonde nunhas corenta e oito horas, dato testemuñado pola presenza de peixes con pulga de mar, o que amosa a súa recente saída do medio mariño. As posturas de pesca e pozos do couto son: A Presa (inicio do couto), Purgatorio, O Trabadoiro, A Croeira, O Lazareto, Salto do Can e Pedra de Fernández.

Turismo da pesca deportiva do salmón

Na mesma época na que comezan a xurdir os pescadores deportivos autóctonos, a principios do século XIX, chegan viaxeiros anglosaxóns atraídos polas posibilidades para a pesca de Galicia. Especialmente aqueles de menor poder adquisitivo ou carentes de propiedades de terras nas que discorrían ríos con salmónidos, decidiron viaxar por Europa adiante, sobre todo na busca do famoso rei do río, o salmón. Un dos primeiros destinos pesqueiros da práctica do ‘sport’ foron os ríos nórdicos, especialmente Noruega e Suecia, pero a demanda de paraísos fluviais asemellaba non ter fin.

A escritora inglesa C. Gasquoine Hartley, no papel de muller acompañando o seu marido nunha viaxe de pesca escribía no seu libro editado en Londres en 1911, que ben pode amosar o pasado esplendoroso dos catro ríos principais que aparecen na presente guía: “O Ulla, o Tambre, o Xallas e o Eume son todos ríos de pesca que se poden comparar cos mellores ríos de Inglaterra, Escocia e Irlanda. Pódense atopar salmóns en moitos ríos. Hai zamborcas, lampreas, barbos, bogas, escalos –unha sorte de cruzamento entre un alburo e un peixe cacho– e outros peixes menos finos.”

Outros anglosaxóns de renome internacional –como Ernest Hemingway e Camilo José Cela Trulock, pai galego e nai de orixe inglesa e italiana–, continuarán o proceso de situar os ríos de Ulla, Tambre e Xallas no mapa da pesca deportiva mundial. Un escenario derrubado pola Guerra Civil Española e posterior posguerra o que leva a estes turistas outros destinos. En parte, para reorganizar o aproveitamento fluvial, no ano 1951 créase o conxunto de coutos do Ulla por parte do Servizo Nacional de Pesca Fluvial e Caza, complementario dos coutos xestionados pola Dirección Xeral de Turismo, máis enfocados ós foráneos pola súa produtividade pesqueira e o acondicionamento do espazo, neste contexto créase o refuxio de Ximonde, a ponte do Xirimbao e o resto de infraestruturas de pesca deportiva. Os anos 60 e 70 son a culminación do turismo deste continxente de visitantes anglosaxóns e son as épocas das grandes xornadas de pesca e xente vestida e equipada como non podían soñar os ribeiregos. Tras esta etapa álxida, o desinvestimento no río, a construción da presa de Portodemouros e os novos procesos contaminantes de actividades mineiras acabaron con este turismo de calidade que tanto significou polas terras do Ulla.

Additional Hints (Decrypt)

Pnzhsynqb

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)