Skip to content

Erosión e sedimentación fluvial EarthCache

Hidden : 8/19/2024
Difficulty:
2 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   other (other)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Castellano (Traducción automática)    English (Machine translation)


(PRECAUCIÓN - O río ten cambios de caudal repentinos, non te metas na auga)

Como rexistar este Earthcaché

Para dalo por atopado, envíame antes unha mensaxe coas túas respostas. Despois podes rexistralo e, se non son correctas, xa te respondo á mensaxe.

1.- Dos tres tipos de erosión que se expoñen, cal é o máis importante desde o punto de vista da acción do río?

Opcional: Busca algo que che pareza representativo das consecuencias da erosión do río e descríbeo.

2.- Por que a erosión e a sedimentación fluvial pode cambiar o curso dun río?

3.- OBSERVACIÓN: Localiza os tres tipos de depósitos (non teñen porque estar no mesmo lugar), area, grava e cantos rodados, failles unha foto da posición e explica porque chegaron aí desde o punto de vista da sedimentación. Non esquezas citar os dous factores que determinan a posición onde os atopaches con relación ao río.

Se non hai respostas non é válido o rexistro


1. Erosión mecánica ou física

A erosión mecánica implica a desintegración e fragmentación de rochas e solo debido a forzas físicas. Non cambia a composición química do material, senón que simplemente o rompe en partes máis pequenas. Este proceso pode ocorrer a través de varios mecanismos, entre eles:

- Abrasión. As partículas transportadas por auga, vento ou xeo impactan e desgastan rochas e solo.

- Conxelación e desconxelación. A auga que penetra nas fisuras das rochas conxélase e expande, rompendo a roca ao desconxelarse.

- Frosta. En zonas frías, a auga entra nas fendas nas rochas conxélase e expándese, provocando a fractura das rochas.

 

2. Erosión Química

A erosión química ocorre cando os minerais das rochas e solo se alteran ou disolven debido a reaccións químicas con substancias na auga ou no aire. A composición química das rochas cambia durante este proceso. Exemplos de erosión química inclúen:

- Disolución. Minerais como o calcario se disolven na auga que contén ácido carbónico, formando bicarbonato.

- Oxidación. Minerais ricos en ferro oxídanse ao entrar en contacto co oxíxeno e a auga, formando óxido de ferro e debilitando a roca.

- Hidrólise. Reacción entre minerais e auga, que altera a estrutura química dos minerais, como o feldespato que se transforma en arxila.

 

3. Erosión Biolóxica

A actividade dos microorganismos inflúe no proceso de descomposición e alteración do solo e das rochas, que, aínda que non se clasifica como erosión no sentido estrito, está estreitamente relacionada. Estes organismos poden afectar a estrutura do solo e das rochas de varias maneiras:

- Raíces das plantas: As raíces poden penetrar e fracturar rochas e solo, e tamén contribuír á desintegración química do material.

- Actividade de microorganismos: Bacterias, fungos e outros microorganismos poden descompoñer materia orgánica, neste proceso poden alterar a estrutura química e física do solo e das rochas.

- Acción dos animais: Animais como toupas ou insectos que escavan e moven o solo tamén poden provocar erosión.

O obxectivo deste caché é a erosión e sedimentación fluvial, concretamente do Ulla no couto de Couso.

Erosión fluvial

A erosión fluvial é un proceso xeolóxico fundamentalmente mecánico, este fenómeno ocorre pola acción da auga que, ao fluír, arrastra partículas de solo e rochas, modelando a paisaxe ao longo do tempo. Desgasta o leito e as beiras do río polo impacto físico da auga e dos sedimentos que arrastra ou en suspensión. Tamén inclúe procesos como a corrosión e a abrasión das rochas polo impacto de partículas en suspensión e o transporte de fragmentos de rocha que chocan entre eles por efecto da corrente, é dicir, a erosión no río produce unha fonte constante de sedimentos que serán transportados río abaixo que en algún momento serán depositados, é o que chamamos a sedimentación fluvial.

 

Sedimentación fluvial:

A medida que o río flúe, a súa velocidade e caudal poden variar, facendo que a capacidade de transporte de sedimentos cambie. Cando a velocidade diminúe os sedimentos transportados son depositados. Esta sedimentación forma estruturas como bancos de area, amoreamento de coios e xa nas partes baixa do río deltas e albufeiras. Estes depósitos poden chegar a cambiar o curso do río e modifican a paisaxe co paso do tempo.

Nas coordenadas podes observar depósitos sedimentarios que se poden observar facilmente na beira dun río son:

1. Area: Composta por grans de tamaño pequeno (0,0625 a 2 mm), é o produto da desintegración de rochas máis grandes. A area transpórtase facilmente pola auga e adoita acumularse en áreas onde a velocidade do río diminúe, como en praias ou bancos.

2. Grava: Fragmentos máis grandes ca area, con tamaños que varían entre 2 mm e 64 mm. A grava atópase nas beiras onde a corrente do río é máis forte, como en leitos e rápidos, debido ao seu maior peso e tamaño.

3. Cantos rodados: Son fragmentos de rochas aínda máis grandes, con superficies redondeadas pola acción constante da auga. Estes poden medir máis de 64 mm e deposítanse en áreas de maior corrente ou nas desembocaduras, onde o fluxo de auga perde forza drasticamente, e estas partículas máis pesadas caen ao fondo.

 

Estes sedimentos reflicten a capacidade erosiva e de transporte do río, mostrando como a auga, ao longo do tempo, desgasta, transporta e deposita materiais, esculpindo a paisaxe xeolóxica por onde discorre o río.

Additional Hints (Decrypt)

Fr cnfrnf cbynf orvenf qb eíb ohfpnaqb bf bhgebf pnpuéf ireáf zbvgbf rsrpgbf qn rebfvóa r frqvzragnpvóa

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)