Skip to content

Os tesouros do Xirimbao Letterbox Hybrid

Hidden : 08/19/2024
Difficulty:
2 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   micro (micro)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Traducción automática - castellano              Machine translation - English


A finais dos anos sesenta, o Xirimbao era un lugar rodeado de historias que os vellos do lugar contaban ao carón do lume. As irmás Sara e Inés, de apenas doce anos, escoitáranas todas e foran moitas veces co seu pai e o avó ata o couto, sempre quixeran atopar un dos tesouros, pero estas historias tamén falaban de luces estrañas que se vían entre as árbores, de sons inexplicables no medio da noite e de pescadores que un día saíran cara ao río e nunca máis volveran. Fascinadas por esas lendas, un día decidiron que era hora de vivir a súa propia aventura. Así, unha mañá decidiron partir sen dicir nada a ninguén, cara ao misterioso Xirimbao.

Ao chegar dirixíronse ao sur, a súa primeira parada foi no caseto dos pescadores. Era un pequeno refuxio de madeira, de aspecto ruinoso, case devorado pola maleza. As táboas, podres polo paso dos anos, renxían baixo os pés de Sara e Inés. No interior, o cheiro a humidade e a peixe podre enchía o aire. No silencio da cabana de súpeto escoitaron un estalido como dun óso quebrado. O eco resoou no aire, rompendo a calma e enchendo o ambiente cunha sensación de perigo inminente, como se a mesma natureza estivera a avisar de algo escuro e invisible.

Nunha esquina, viron unha cana rota, coma se algo a escachase con forza. Sentiron un arrepío na pel, pensaron en abandonar e volver a casa, pero estaban decididas a seguir adiante aínda que o medo as acompañase.

Dende o caseto, dirixíronse cara o leste á ponte colgante. Era unha estrutura sinxela que se balanceaba suavemente co vento. Abaixo, o río Ulla corría con forza, o seu son axitado resoaba entre as árbores. Ao chegar ao medio da ponte, Inés e Sara pararon e miraron cara abaixo, fascinadas polo poder do río. O mundo semellaba deterse, ata que un son áspero entre as pólas por onde acababan de pasar fíxoas virar a cabeza. Non viron nada, pero a sensación de perigo por segunda vez comezaba a asentarse na súa mente.

O medo apoderouse delas, non podían volver atrás. Seguiron cara o sur, cruzaron a ponte a todo correr ata as estrada con intención de regresar a casa por ela, pero de novo escoitaron como un ruxido seco e arrastrado, un son abafante que semella un susurro entrecortado, como se as propias sombras do bosque estivesen a murmurar segredos esquecidos, non se atreveron a seguir e baixaron polo camiño da dereita, o corazón seguía latexando con forza. Ao chegar ás canas de bambú, á dereita do camiño, detivéronse, movíanse co vento, creando sombras que semellaban estrañas figuras tentando atrapalas. Parecía que as canas pechábanse ao seu redor, Sara e Inés moi quedas sentíase soas, perdidas, rodeadas polas canas e a escuridade que avanzaba coa noite.

Viron unhas luces que rompían a penumbra, o medo estaba a piques de consumilas. Eran lanternas que alumeaban entre as canas de bambú, e tras elas viñan os seus pais, acompañados por algúns veciños. Buscáranas dende que notaron a súa ausencia e Inés e Sara, aínda tremendo, lanzáronse aos brazos da súa nai. Estaban moi asustadas, pero de novo seguras.

De volta na casa, mentres o lume na lareira danzaba e se recuperaban do susto, Inés e Sara souberon que nunca esquecerían o que viviran no Xirimbao. Aquel bosque agochaba segredos que ninguén podía entender, e aprenderan que cando os vellos falaban dos tesouros referíanse ao río, á ribeira, ás troitas e salmóns, as fragas, soutos e carballeiras. O Xirimbao seguía a ser un lugar de fascinación para a rapazada e o que aconteceu pasou a ser parte das historias que se contaban á calor da lareira, a curiosidade, ás veces, pode levarnos a lugares dos que non sempre é doado saír.

 

O caché non está nas coordenadas publicadas, para chegar a el segue o percorrido que fixeron Sara e Inés. O selo está pegado no bote.

Additional Hints (Decrypt)

Pnzhsynqb. Qrageb unv ha ebghynqbe cnen cvagne ab fryb r cbqre znepne pba ry

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)