Geocaching en verán II
SÁBADO 20 DE SETEMBRO
Segunda edición deste evento na miña cidade tras moitos meses fora. Celébrase no mesmo lugar onde teño tan boas memorias dos eventos anteriores!
Gustaríame volvervos a ver, coñecer novos geocachers e pasar un bo anaco convosco falando sobre geocaching e anécdotas, intercambiando rastrexables e woodcoins, etc. Traerei unha boa morea deles 😊
A localización é a seguinte:
Café UF
Rúa do Pracer, 19
O establecemento emblemático da Rúa do Pracer ten unha terraza tranquila e sombreada, onde reservarei unha mesa. A terraza está na planta baixa. Tamén hai carta para picar. Aínda que quedamos para tomar algo, non é necesario realizar ningunha compra para participar no evento, e toda persoa que queira vir será benvida. Non dubides en poñerte en contacto comigo se xorde calqueira cuestión. Vémonos!

🇬🇧 English is spoken, and tourists are welcome :)