Skip to content

Os arcanos do Geocaching Community Celebration Event

This cache has been archived.

Geocaching HQ Admin: Thank you for hosting this geocaching Event! The date of the Event has passed. We automatically archive Events after 30 days (60 days for Mega- and Giga-Events). Attendees can still log archived Events, log trackables, and share their experiences.

More
Hidden : Sunday, October 19, 2025
Difficulty:
1 out of 5
Terrain:
1 out of 5

Size: Size:   other (other)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Neste evento de celebración dos 25 anos de Geocaching propoño como tema os mystery caché. Si, si, eses que che rompen a cabeza, que abandonas unha tempada e volves a el ata que o descifras, cando o resolves e consegues comprender o mecanismo que empregou o propietario para ocultar as coordenadas sénteste coma un auténtico investigador que resolve un gran enigma, coa satisfacción e o sorriso de ter superado un reto intelixente.

Se che gustan os retos e a emoción de ir máis aló dun achado ‘tradicional’, os mystery caches son para ti. Se non che gustan moito este evento vaiche facer velos doutro xeito. Preto do evento hai 53 enigmas para resolver, moi variados e froito da colaboración de 17 geocachers que nos amosan o xeito de elaborar os seus misterios.

Este encontro é a ocasión perfecta para avanzar na resolución destes e doutros enigmas, pois falaremos das ferramentas para resolvelos, dos diferentes tipos, desde os máis clásicos aos máis novidosos, de matemáticas, ciencia, imaxes, literatura… todo pode servir para agochar o camiño cara un tesouro!


Os enigmas do Geocaching

Os cachés de tipo Mystery (tamén coñecidos como cachés quebracabezas, enigmas ou descoñecidos) son un dos tipos de cachés máis versátiles e creativos do xogo. Dende o seu nacemento en setembro do 2000 co lanzamento de Pyramid Point (GC58), estes cachés desafían os xogadores con enigmas que deben resolver antes de saír ao campo. O mystery más lonxevo do Geocaching é de AdventureTom: Octopus Garden, GC70, activo desde o 30/09/2000.

Mystery caches: un reto de minorías

En España (28/09/25), dos 104.379 cachés rexistrados, só 18.934 son mystery Caches. Isto supón un 18,1% do total de cachés, é dicir, case 1 de cada 5 cachés é un misterio por resolver.

Aínda que a súa presenza é significativa, queda lonxe dos 74.857 cachés tradicionais, que acaparan o 71,7% do total. Isto revela que os mystery teñen unha aceptación notablemente inferior, tanto para agochar como para buscar, probablemente polo esforzo extra de deseño e resolución que requiren.

Con todo, os máis prexudicados en canto a popularidade son os multi-cachés, que con só 3.247 unidades representan tan só o 3,1% do total.

Características principais:

- As coordenadas publicadas non adoitan ser as reais do contedor final.

- Requiren investigación. Unhas veces previa: puzzles, códigos, retos matemáticos, buscas en internet ou incluso a resolución de pasatempos como sudokus ou sopas de letras. Outras veces nas coordenadas publicadas.

- Poden incluír verificadores de solución para confirmar as coordenadas obtidas ou información adicional sobre a resolución, pistas, fotos...

- É importante saber que o contedor final debe estar a menos de 2 millas (3,2 km) das coordenadas publicadas. Este deu lugar aos conxuntos de cachés que forman un Geoart sobre o mapa. O geoart más grande do mundo creado ata o día 31 de marzo de 2020 está en Toledo, 1010 mystery cachés forman Dragon's Treasure obra de Picarax & Brunete4Geo certificado polo libro Guinness World Records, por certo, doado de resolver. (Podes ver geoart na galería de fotos)

Tipos máis comúns:

- Cachés de puzle: Quebracabezas para obter as coordenadas.

- Cachés de bonificación: Pistas ocultas noutros cachés do mesmo propietario.

- Cachés de desafío: Requiren cumprir un obxectivo antes de poder rexistralos.

- E outros que non se poden asignar a outras modalidades de cachés.

 

Un programa sinxelo:

13:00 h – Vamos resolver enigmas. Tipos e recursos.

14:20h – Xantar ao estilo Ribadeo, cada un leva o seu.

15:00h – Remate do evento e sorteo dun TB.

Non esquezas traer os teus TB para amosar e cambiar.

 


Community Celebration Events - 2025

Este evento forma parte dunha edición limitada de Eventos de Celebración Comunitaria para celebrar os 25 anos de Geocaching. Os eventos organizánse entre o 1 de xaneiro de 2025 e o 31 de decembro de 2025. Obtén máis información sobre os eventos de celebración comunitaria en Geocaching Blog.

 

Additional Hints (No hints available.)