Skip to content

Ímoslle dar a volta Traditional Cache

Hidden : 09/07/2024
Difficulty:
2 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   small (small)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Esta caché atópase perto da igrexa de Sta. María de Punxín situada nunha ladeira do río Barbantiño, e que recibiu varias reformas durante os séculos  XVII e XX, e curiosamente unha delas consistiu en... darlle a volta!

A igrexa atópase nunha zona elevada a carón da estrada e xunto a antiga casa reitoral, coa fonte de San Wintila, de 1876, aos pés. Neste mesmo lugar existiu unha ermida onde se conservaba un sepulcro dedicado ao santo mencionado (que non está canonizado de xeito oficial). Desde a fonte pódese acceder á igrexa por unha escalinata dobre que foi construída en 1963.

Da primitiva igrexa románica, que constaba dunha nave e a súa correspondente cabeceira de plantas rectangulares, tan so se conservan os muros laterais da nave, o arco triunfal e a ábsida. Isto foi debido a gran transformación que sufriu este templo parroquial no ano 1924, sendo a maior modificación o cambio da orientación litúrxica habitual feita para adecuarse “mellor” ao trazado da actual estrada N-541 e que consistiu, literalmente, “en darlle a volta á igrexa”: en orixe o templo presentaba a habitual orientación en sentido Este-Oeste, pero a consecuencia da execución da citada estrada a ábsida trasladouse á fachada de poñente converténdose na actual sacristía, e a porta principal de acceso dispúxose na fachada de oriente; isto fixo que se perdese a portada primixenia que foi substituída polo arco triunfal románico. Deste xeito a igrexa organizouse en sentido inverso, é dicir, en dirección Oeste-Este.

Cousas veredes!

Fontes: Románicodixital e Galicia Máxica

Additional Hints (Decrypt)

Ab zrqvb qha zbagóa qr crqenf dhr nythéa qrvgbh nyí. Aba invnqrf ohfpnyb ava ra ubenf qr zvfn, ava ra qngnf qr oop.

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)