Skip to content

130 mil anos obsérvannos (ano arriba, ano abaixo) EarthCache

Hidden : 9/22/2024
Difficulty:
1.5 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   other (other)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Hoxe a xeoloxía quixo achegarnos ata a Praia de Patos (ou Praiadabra), no concello de Nigrán.

Esta praia garda un dos tres bosques fósiles, dos que ata agora se ten noticia, no intermareal de Galicia. Os outros dous están na ría de Ares e en Aguiño.

O bosque fósil de Praiadabra agóchase baixo a area da praia actual e so aflora en ocasións de fortes temporais ou en mareas vivas. Cando as mareas e ondadas retiran a area pódense ver restos de troncos enraizados nun nivel arxiloso (caolín, de cor gris) ou areo-arxiloso (gris amarelo). Unha datación de Carbono 14 dun deses troncos deu unha idade duns sete mil anos, xusto antes do óptimo climático Holoceno, que foi un período de temperaturas máximas no hemisferio norte (maiores que as actuais) cun nivel do mar por encima do actual. Así que baixo os nosos pés, temos un bosque fósil na posición do intermareal baixo (por debaixo do nivel medio de marea) que foi inundado polo ascenso do nivel do mar hai non máis de sete mil anos, cando se podía ir ás Cíes dando un paseo.

E tamén aquí, como noutros moitos sitios da costa de Galicia, hai evidencias de que houbo un nivel do mar por riba do actual; e xusto neste punto das coordenadas onde nos atopamos temos os restos dunha praia fósil, situada un par de metros por encima do nivel medio de marea, no “talud” tras a praia. O problema é determinar a súa idade... Crese que datan do último interglaciar, hai uns 130.000 anos. O tema é que en Galicia existen evidencias de que o óptimo glaciar tivo un máximo do nivel do mar superior ao actual, polo que agora atopamos mesturadas as praias do último interglaciar e as de hai seis mil anos, de xeito parecido como as praias fósiles se mesturan coas actuais.

Aínda que está máis alta, a praia fósil é, posiblemente, anterior ao depósito de arxilas grises sobre as que creceron ás árbores fósiles. Ese nivel amarelado que vedes por encima dos cantos rodados do corte xeolóxico son areas finas arxilosas de vellas dunas, que cando o nivel do mar se retirou foron erosionadas xunto con parte da vella praia, levándose areas e arxilas e sedimentando as arxilas na parte máis baixa da praia.

Neste Earth non imos pedir unha foto do bosque fósil, porque ao mellor habería que pasar anos esperando o momento óptimo das mareas para inmortalizalo, pero si que solicitamos a foto do voso nick diante do corte xeolóxico da praia fósil e onde se aprecien os diferentes estratos xeolóxicos... A foto é imprescindible, e xa que chegastes ata aquí seguramente non vos costará nada obtela.

Tamén vos pedimos que nos contestedes a estas preguntas:

1.- Cantos estratos ou niveis podes ver no corte da praia fósil?

2.- Cantos centímetros de ancho mide o nivel dos sedimentos amarelados?

3.- Nos restos desta praia fósil, que son os sedimentos amarelados enriba dos cantos rodados?

 

Grazas a Francisco Canosa pola lección.

E agora párate, e goza un chisco do son da mar e das vistas que te rodean.

Additional Hints (Decrypt)

Aba gbdhrf..., cbe dhr gbpnf?

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)