Skip to content

Bonus lab: Cementerio de San Francisco Mystery Cache

Hidden : 12/07/2024
Difficulty:
1.5 out of 5
Terrain:
2 out of 5

Size: Size:   small (small)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


 

Para encontrar este mistery, terás que facer o lab Cementerio de Ourense.

https://labs.geocaching.com/goto/b4702302-3f7a-430a-bc64-adf6c098577d

 

GL: "Romántico cemiterio na parte alta da cidade, nas abas do Montealegre, vinculado ao antigo convento de San Francisco. Bañado pola luz desde o amencer até o solpor, co aroma dos loureiros e cipreses e a beleza dos seus mausoleos, lápidas e recunchos cativou a poetas e artistas ourensáns que atoparon aquí o seu último lugar de repouso. O disco San Francisco Express da emblemática banda de rock Los Suaves é unha homenaxe a este melancólico e elegante camposanto. Foi declarado Ben de Interese Cultural no ano 2000. A súa historia remóntase a comezos do século XIX, cando a cidade, inmersa nun proceso de transformación e crecemento, viuse necesitada dun novo camposanto que cubrise a crecente demanda e estivese fóra do núcleo urbano. Foron os franciscanos os que cederon un terreo para a súa construción á beira do convento. En 1834 se inaugura, coa bendición do bispo, e en 1887 constrúese, nun pequeno anexo, o cemiterio laico. O espazo de enterramento sería ampliado en múltiples ocasións polo sur e o leste, subindo as abas do Montealegre."

https://www.turismodeourense.gal/gl/recurso/cementerio-de-san-francisco/ Español, English dispoñible na mesma web

O lab ten horario, NON é 24 horas.

Horario 15 xuño-15 setembro Luns a venres 10.00-19.30 h. Sábados, domingos e festivos: 9.30-13.00h | 16.30 - 19.30h

16 setembro-14 xuño Luns a venres 9.00-19.30 h. Sábados, domingos y festivos: 9:30-13.00h | 16.00 - 19.30h

É de  balde entrar.

Additional Hints (No hints available.)