
Según os veciños, o Camiño dos Mortos orixinal conectaba a desaparecida aldea de Valdevelle con Paradela. Hoxe en día está cuberto de maleza e é intransitable.
Di a lenda que en 1772 unha praga de formigas letais afectou á aldea de Valdevelle e os veciños decidiron trasladarse. Para elo desmontaron a igrexa, cargaron as pedras en carros tirados por bois e deixáronos camiñar libremente ata que ficaron cansos. Foi así como chegaron ao Lugar de Meriz, onde reconstruiron a igrexa e fundaron o novo pobo.
No antigo emprazamento de Valdevelle, preto de Seoane, aínda se poden apreciar varias restos de antigas edificacións e un sártego.
O rebautiazado Camiño dos Mortos enténdese como unha especie de homenaxe á orixinal. Trátase dun trazado irregular, con forte pendente nalgúns puntos, que conecta a aldea de Seoane coa Igrexa de San Xillao de Ribela e con Outeiro. O caché está agochado nun recuncho que dende neno percibín con moito encanto.