Traducción automática - castellano
Machine translation - English
Love Over Gold 1982
Love Over Gold é o cuarto álbum da banda británica Dire Straits, publicado en 1982. Coa súa atmosfera instrumental elaborada e pasaxes musicais extensas, algúns críticos considérano o traballo máis próximo ao rock progresivo dentro da discografía do grupo.
O título do disco provén dun graffiti que Mark Knopfler viu en Londres.

Durante a gravación, Dire Straits ampliou a súa formación a cinco membros coa incorporación do teclista Alan Clark. Ademais, contaron con varios colaboradores, entre eles un enxeñeiro de son e un xilofonista. Este álbum foi o último en que participou o baterista Pick Withers, quen abandonou a banda tras finalizar a gravación.
Aínda que o disco inclúa só cinco cancións, durante as sesións de gravación compuxéronse outros temas. Private Dancer foi gravado polo grupo sen voces, xa que Knopfler considerou que encaixaba mellor cunha voz feminina, polo que lle cedeu a canción a Tina Turner para o seu exitoso álbum Private Dancer (1984). Outra peza, The Way It Always Starts, acabaría formando parte da banda sonora do filme Local Hero, composta por Knopfler. Ademais, Badges, Posters, Stickers and T-Shirts quedou fóra do disco pero foi lanzada máis tarde na versión estadounidense de Extended Edition.
Industrial Disease
O título da canción fai referencia a un termo británico que designa enfermidades relacionadas co traballo, un tema moi presente nos medios do Reino Unido na época. Nesta canción, Dire Straits constrúa unha sátira mordaz sobre os problemas socioeconómicos e culturais da sociedade industrial.
Esta canción Industrial Disease (1982) lémbrame e a película The Full Monty (1997), teñen puntos en común no seu retrato da crise industrial no Reino Unido, malia estaren separadas por varias décadas. A canción reflicte a desorde e o desencanto dos traballadores no contexto da recesión industrial de principios dos 80, baixo o goberno de Margaret Thatcher, cando a desregulación e o peche de fábricas provocaron desemprego masivo. Pola súa banda, The Full Monty, retrata as consecuencias posteriores desa desindustrialización en cidades como Sheffield, onde os obreiros en paro buscan deseperadamente novas formas de supervivencia. Ambos traballos usan o humor e a sátira para expoñer a vulnerabilidade da clase traballadora fronte á transformación industrial e económica.
Ambas obras retratan a desesperación da clase traballadora fronte á perda de empregos industriais. Mentres que Industrial Disease o fai cun ton satírico e surrealista, The Full Monty combina comedia e drama para mostrar a loita dos antigos obreiros por atopar novas formas de gañarse a vida. En esencia, a película amosa as consecuencias que a canción xa denunciaba anos antes: unha sociedade desorientada pola transformación económica e a incerteza sobre o futuro do traballo. A letra describe unha fábrica en crise, cun ambiente caótico e un sistema roto onde se acumulan os problemas.

Warning lights are flashing...
Xa desde o inicio, menciona luces de advertencia no departamento de Control de Calidade, simbolizando a perda de orde e eficiencia. Situacións como unha "fuga no baño" ou unha "foto do persoal" contribúan a unha sensación de decadencia e desconfianza xeralizada. O termo "enfermidade industrial" funciona aquí como unha metáfora do malestar xeneralizado que afecta tanto os traballadores como os directivos, amosando o problema como algo sistémico.

A canción también aborda o impacto humano da industrialización, retratando unha clase obreira desmoralizada. A imaxe dun conserxe castigado por durmir no seu posto ou dun capataz cunha praga de pulgas son exemplos de exageracións que subliñan a dureza e o absurdo das condicións laborais. A letra menciona ademais crises económicas, conxelacións salariais e os intentos fracasados dos socólogos por definir o problema. O coro, "todo o mundo sabe que é a enfermidade industrial", reflicte a resignación xeralizada fronte a esta situación.
Cara ao final, a canción toma un ton máis persoal cando o protagonista visita o doutor Parkinson, que lle diagnostica varias doenzas, incluída a titular "enfermidade industrial". Este episodio destaca os efectos físicos e psicolóxicos do traballo industrial. A narración trasládase despois ao Speaker's Corner de Londres, onde o protagonista escoita un cantante de protesta e dóus homes que afirman ser Xesús. Esta escena representa a confusión e desesperación polas posibles solucións. O cantante de protesta denuncia a guerra e a manipulación económica, insinuando que a "enfermidade industrial" non é un accidente, senón algo perpetuado polos que detentan o poder.
A canción remata cun ton irónico e desesperanzado, cuestionando se existe realmente unha cura para este problema estrutural da sociedade.
Como detalle curioso, Knopfler inclúa na letra unha referencia intelixente á "caída do cervexeiro" (Brewer's Droop), unha expresión británica para a perda de libido causada polo exceso de alcol. Porén, para Knopfler este termo tiña unha connotación especial, xa que Brewers Droop era o nome da banda na que tocou nos anos 70 xunto con Pick Withers, o baterista de Dire Straits, que precisamente participa en "Industrial Disease". Knopfler e Withers formaron parte desta banda en 1973, moito antes do nacemento de Dire Straits.
En resumo, Industrial Disease destaca dentro de Love Over Gold polo seu ritmo máis acelerado e polo seu ton satírico, ofrecendo un contraste coas atmosferas máis reflexivas do resto do álbum. A combinación de letras afiadas, ironía e unha instrumentación marcada polo riff do teclado fixo desta canción un clásico que segue a ser relevante hoxe en día.
Industrial Disease
Warning lights are flashing down at Quality Control
As luces de aviso están a parpadear no Control de Calidade
Somebody threw a spanner and they threw him in the hole
Alguén tirou unha chave e metérono no burato
There's rumors in the loading bay and anger in the town
Hai rumores no peirao de carga e rabia na vila
Somebody blew the whistle and the walls came down
Alguén soou o asubío e os muros viñéronse abaixo
There's a meeting in the boardroom they're trying to trace the smell
Hai unha reunión na sala de xuntas, están tentando rastrexar o cheiro
There's leaking in the washroom there's a sneak in personnel
Hai fugas no lavabo, hai un soplón no persoal
Somewhere in the corridors someone was heard to sneeze
Nalgún corredor escoitouse un esbirro
'goodness me could this be Industrial Disease?'
Meu Deus, será isto a Doenza Industrial?
The caretaker was crucified for sleeping at his post
O coidador foi crucificado por durmir no seu posto
They're refusing to be pacified it's him they blame the most
Négase a ser acougado, a el é a quen máis culpan
The watchdog's got rabies the foreman's got fleas
O can de garda ten rabia, o capataz ten pulgas
And everyone's concerned about Industrial Disease
E todo o mundo está preocupado pola Doenza Industrial
There's panic on the switchboard tongues are tied in knots
Hai pánico no cadro de mandos, as linguas están enredadas
Some come out in sympathy some come out in spots
Algúns maniféstanse por solidariedade, outros enchen de sarabullos
Some blame the management some the employees
Algúns culpan á dirección, outros aos empregados
And everybody knows it's the Industrial Disease
E todo o mundo sabe que é a Doenza Industrial
The work force is disgusted downs tools and walks
A forza de traballo está farta, deixa as ferramentas e marcha
Innocence is injured experience just talks
A inocencia queda ferida, a experiencia só fala
Everyone seeks damages and everyone agrees
Todos piden indemnizacións e todos están de acordo
That these are 'classic symptoms of a monetary squeeze'
Que estes son "síntomas clásicos dunha presión monetaria"
On ITV and BBC they talk about the curse
Na ITV e na BBC falan da maldición
Philosophy is useless theology is worse
A filosofía non serve para nada, a teoloxía é aínda peor
History boils over there's an economics freeze
A historia ferva, hai un conxelamento económico
Sociologists invent words that mean 'Industrial Disease'
Os sociólogos inventan palabras que significan "Doenza Industrial"
Doctor Parkinson declared 'I'm not surprised to see you here
O doutor Parkinson declarou: "Non me sorprende verte aquí
You've got smokers cough from smoking, brewer's droop from drinking beer
Tes tose de fumador por fumar, debilidade de cervexeiro por beber cervexa
I don't know how you came to get the Betty Davis knees
Non sei como acabaches tendo os xeonllos de Bette Davis
But worst of all young man you've got Industrial Disease'
Pero o peor de todo, mozo, é que tes a Doenza Industrial"
He wrote me a prescription he said 'you are depressed
Escribiume unha receita, díxome: "Estás deprimido
But I'm glad you came to see me to get this off your chest
Pero alégrome de que viñeses verme para sacar isto do peito
Come back and see me later - next patient please
Volve máis tarde a verme - Seguinte paciente, por favor
Send in another victim of Industrial Disease'
Mándame outra vítima da Doenza Industrial"
I go down to Speaker's Corner I'm thunderstruck
Baixo ata Speaker’s Corner, estou abraiado
They got free speech, tourists, police in trucks
Hai liberdade de expresión, turistas, policías en camións
Two men say they're Jesus one of them must be wrong
Dous homes din que son Xesús, un deles debe estar equivocado
There's a protest singer singing a protest song - he says
Hai un cantante de protesta cantando unha canción de protesta - di:
'they wanna have a war to keep us on our knees
"Queren facer unha guerra para manternos de xeonllos
They wanna have a war to keep their factories
Queren facer unha guerra para manter as súas fábricas
They wanna have a war to stop us buying Japanese
Queren facer unha guerra para impedirnos mercar xaponés
They wanna have a war to stop Industrial Disease
Queren facer unha guerra para deter a Doenza Industrial
They're pointing out the enemy to keep you deaf and blind
Sinalan ao inimigo para manterte xordo e cego
They wanna sap your energy incarcerate your mind
Queren esgotarche a enerxía, encarcerar a túa mente
They give you Rule Britannia, gassy beer, page three
Danche Rule Britannia, cervexa con gas, a páxina tres
Two weeks in Espana and Sunday striptease'
Dúas semanas en España e striptease os domingos"
Meanwhile the first Jesus says 'I'd cure it soon
Mentres tanto, o primeiro Xesús di: "Curaría isto axiña
Abolish Monday mornings and Friday afternoons'
Abolindo as mañás dos luns e as tardes dos venres"
The other one's on a hunger strike he's dying by degrees
O outro está en folga de fame, morre pouco a pouco
How come Jesus gets Industrial Disease
Como pode ser que Xesús colla a Doenza Industrial?