Atópamonos na Península de Santa Marta, enmarcada polo areal do mesmo nome e a praia da Ladeira. Hai un puñado de cousas interesantes que que comentar deste trozo de terra:
◆ Fálase da posibilidade de que aquí houbese un asentamento castrexo.
◆ Este lugar he coñecido tamén como O Burgo. Os burgos foron un tipo de asentamento poblacional do medievo con funcións militares ou estratéxicas.
◆ Hai unha ermida (waypoint) do século XII. Aínda que todavía queda algún elemento orixinal, sufriu numerosas reformas: a sancristía é un engadido da Idade Moderna e o pórtico de acceso é do século XX e sustituíu outra anterior construción anexa que aumentaba a súa capacidade.
◆ Dada a posición estratéxica da península, foi o punto empregado por Francis Drake pra desembarcar en 1585 cunhas 24 lanchas; mentres outras naves inglesas fondeadas agardaban ordes. Disque lle meteu lume á ermida mencionada antes, e a algunha casa, pero que unha tormenta obrigouno a repregarse (cheira a escusa). Como precaución, o capitán da vila solcitou amparo das vilas veciñas, chegando a xuntar uns 2000 homes pra defender Baiona; pero por alí Drake non volveu. Ao final o tipo atacou Bouzas, Teis e a illa de San Simón. Tamén furgou algo en Redondela. Catro anos despois liouna en Vigo.
◆ Dramas aparte, hai unha escultura bastante chistosa dun golfiño (waypoint), de autor descoñecido.
◆ A península está agora conectada, a través dunha ponte de madeira, cun illote próximo. Nel sitúase unha obra de Soledad Penalta (waypoint), que representa as 3 carabelas de Colón; tema recorrente no municipio. Engadir que Penalta é unha das poucas mulleres da súa xeración que traballou a obra pública de gran formato; é a única muller cunha obra en tódolo Parque Escultórico da Torre de Hércules, na Coruña.
◆ Por último e non menos importante, as vistas están guapas e tes bancos pra botar un rato de chill se fai bo, polo menos en tempada baixa apenas hai xente polos arredores.
