Traducción automática - castellano Machine translation - English
On every Street
On Every Street é o sexto e último álbum da banda británica Dire Straits lanzado en 1991. Mark Khopfler estaba canso do estilo que a xente esperaba de Dire Straitas tralo seu éxito nos 80 e neste álbum tratou de experimentar con outros estilos como o country ou o blues. O traballo foi recibido con división de opinións e unhas ventas mediocres e isto empurrou a Knopfler a lanzar unha carreira en solitario á marxe da banda para buscar unha maior liberdade artística.

A canción “On Every Street” comeza como unha balada de piano discreta e melancólica e remata cun só de guitarra lírico. Nela, fálase da busca infinita dun home desfeito polo amor que está a buscar a unha muller que desapareceu. Está a procurar pistas: onte, hoxe e tódolos días. Está a buscar tódolos días e en tódalas rúas.
Aínda que tamén hai quen di que non se trata de ningunha rapaza, senón que o narrador está a envellecer e está buscando o seu eu mais novo. Como nese momento no que ollas póla xanela nun dia de choiva e dáste conta de que a vida está a pasar moi rápido.
A canción tamén xoga coa dualidade da experiencia humana, aludindo “ao sagrado e o profano” e “o pracer e a dor”. A referencia a “cada vitoria ten un sabor agridoce” reforza a idea de que mesmo os logros na vida están tinguidos pola ausencia desta persoa.
A atmosfera creada pola música complementa a sensación de anhelo e busca incesante descrita na letra e a canción convértese nunha metáfora da loita por atopar significado e conexión nun mundo que a miúdo semella indiferente ás nosas procuras máis fondas.
Poida que non sexa unha das mellores ou máis famosas cancións de Dire Straits, pero podería ser a máis fermosa.

On Every Street
There's gotta be a record of you some place
Ten que haber un rexistro de ti nalgún lugar
You gotta be on somebody's books
Tes que estar nos libros de alguén
The lowdown - a picture of your face
O informe confidencial – unha imaxe da túa cara
Your injured looks
O teu aspecto ferido
The sacred and profane
O sagrado e o profano
The pleasure and the pain
O pracer e a dor
Somewhere your fingerprints remain concrete
Nalgún lugar as túas pegadas mantéñense firmes
And it's your face I'm looking for on every street
E é o teu rostro o que busco por tódalas rúas
A lady-killer - regulation tattoo
Un asasino de mulleres - tatuaxe regulamentaria
Silver spurs on his heels
Esporas de prata nos seus talóns
Says - what can I tell you as I'm standing next to you
Di: que podo dicirche, cando estou preto de ti
She threw herself under my wheels
Ela tirouse debaixo das miñas rodas
Oh it's a dangerous road
Oh, é un camiño perigoso
And a hazardous load
E unha carga arriscada
And the fireworks over liberty explode in the heat
E os fogos artificiais sobre a liberdade explotan coa calor
And it's your face I'm looking for on every street
E é o teu rostro o que busco por tódalas rúas
A three-chord symphony crashes into space
Unha sinfonía de tres acordes irrompe no espazo
The moon is hanging upside down
A lúa está colgando boca abaixo
I don't know why it is I'm still on the case
Non sei por que aínda estou no caso
It's a ravenous town
É unha cidade voraz
And you still refuse to be traced
E aínda te negas a ser rastrexada
Seems to me such a waste
Paréceme tal desperdicio
And every victory has a taste that's bittersweet
E cada vitoria ten un sabor agridoce
And it's your face I'm looking for on every street
E é o teu rostro o que busco por tódalas rúas
Fontes: Pastpri Wikipedia Letras.com Knopfler
Para encontrar as coordenadas finais debes completar o seguinte pasatempo. Logo, coas letras resaltadas en rosa, construír unha palabra moi acorde coa atmosfera da canción e introducila no certitude.
|
Horizontais
|
Verticais
|
|
1 2ª canción do álbum Brothers in Arms
|
2 1ª canción do álbum Love Over Gold
|
|
3 2ª canción do álbum Making Movies
|
4 1ª canción do álbum On Every Street
|
|
8 6ª canción do álbum Dire Straits
|
5 1ª canción do álbum Making Movies
|
|
9 5ª canción do álbum On Every Street
|
6 3ª canción do álbum Brothers in Arms
|
|
10 7ª canción do álbum Dire Straits
|
7 5ª Canción do álbum Communiqué
|
 |