Traducción automática - castellano             Machine translation - English
Unha canción do álbum debut (1978)
Setting Me Up forma parte do álbum debut de Dire Straits, publicado en 1978. Este disco estableceu a identidade musical da banda, marcada polo son distintivo da guitarra de Mark Knopfler e a súa fusión de rock, country e blues. Se ben temas como Sultans of Swing acadaron maior popularidade, Setting Me Up destacou polo seu ritmo enerxético e pola súa proximidade ao estilo de artistas como J.J. Cale, unha influencia clave en Knopfler.
Â
O significado da canción
Setting Me Up é unha peza que fala dunha relación tóxica, o narrador séntese enganado e manipulado emocionalmente pola súa parella. Primeiro, faino sentir especial para logo abandonalo, o que se resume na frase central da canción: "Setting me up to put me down". (preparándome para derrubarme). Reflicte esta dinámica de inflar expectativas para logo destruÃlas. O narrador percibe que está a ser utilizado e decide tomar distancia para protexerse. A resignación e o desengano que expresa a letra contrastan cunha base musical vibrante, cun marcado ritmo de rockabilly e un punteo de guitarra que recorda artistas como Gene Vincent ou Buddy Holly. Setting Me Up comparte certa semellanza rÃtmica con Southbound Again, outro dos cortes do álbum, e reflicte a influencia do country americano no son inicial da banda, durante a interpretación de Setting Me Up en directo en 1990 con The Notting Hillbillies, utilÃzase o banjo, é probable que fose tocado por Brendan Croker, membro desta banda coñecido por tocar este instrumento.
Letra Setting Me UP
Versións destacadas
A canción foi versionada por Eric Clapton en Just One Night (1980) con Albert Lee ao vocal. Lee tamén fixo a súa versión en Hiding. En 1988, a banda country Highway 101 gravou unha versión, aÃnda que Knopfler non estaba moi a favor desta reinterpretación.
Â
A subasta das guitarras de Mark Knopfler
En 2024, a colección de guitarras de Mark Knopfler foi subastada por Christie's en Londres, acadando unha cifra total de 10.342.987 euros. Knopfler comentou que, a pesar de ser difÃcil separarse das súas guitarras, sentÃa que era o momento de deixalas ir para que atoparan novos donos.
Entre as vendas máis destacadas están:
Gibson Les Paul Standard Vintage de 1959, utilizada en Brothers in Arms, vendida por 810.304 euros, establecendo un récord de subasta para este modelo.

Â
Gibson Les Paul Standard de 1983, coa que se gravou Money for Nothing, vendida por 698.048 euros.

Â
Pensa-Suhr MK-1 de 1988, deseñada para o concerto de Nelson Mandela en Wembley, subastada por 504.000 euros.

Â
Schecter Telecaster vermella, coa que se gravou Walk of Life, vendida por 415.800 euros. Unha parte importante dos fondos destinouse a diversas organizacións benéficas.

Â
Parte do diñeiro recadado destinouse a fins benéficos, co 25% das ganancias repartidas entre organizacións como a Cruz Vermella Británica, Tusk e Brave Hearts of the North East. Ademais, a totalidade dos fondos da venda dunha Gibson Les Paul "Gold Top" de 2021 (471.752 euros) foi doada á fundación Teenage Cancer Trust.

Â
Podes comprobar a túa solución con
Certitude.
Â
Â