Skip to content

Senda Azul de Arteixo: Chegando ao Reiro 🌊 Traditional Cache

Hidden : 2/22/2025
Difficulty:
2.5 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   micro (micro)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


  C O S T A   A R T E I X Á  

Inclúese no chamado golfo Ártabro. As parroquias bañadas polo mar son Suevos, Oseiro, Arteixo, Barrañán, Chamín e Sorrizo. A conformación da costa de arteixo é unha combinación de cantís, praias, coídos, furnas, dunas, illotes e pequenas rías cos seus esteiros e marismas.

Aínda que pareza paradoxo pola recorrente proximidade de construcións e industria, a senda intégrase na Zona de Especial Conservación Costa da Morte, dentro da Rede Natura 2000. Arteixo tamén é un dos concellos integrantes da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas.

As praias que contan con bandeira azul son: A Hucha, Repibelo, Barrañán, Combouzas, Porto de Suevos, Sabón (Alba) e Valcovo.

 

   S E N D A   A Z U L   

Senda Azul é un galardón promocionado pola "Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor" (ADEAC), co apoio da "Fundación Biodiversidad" e do "Ministerio para la Transición Ecológica".

Pra que unha ruta poida acadar esta distinción ten que conectar praias que ostenten bandeira azul. Outros requisitos son unha lonxitude mínima de 500 m, sinalización, paneis informativos, recuperación de antigos camiños e sendas naturais, accesibilidade pra persoas con mobilidade reducida e instalación de duchas e aseos.

Galicia é a comunidade autónoma con maior número de sendas deste tipo.

 

   P E R C O R R I D O   

A senda que aquí se presenta conecta a maioría das praias e calas do concello, ao longo dos seus 7 km de percorrido.

A ruta non é a máis fermosa, entre outros por mor da presenza aberrante e case constante do porto exterior, pero sí é unha opción cómoda, preto da cidade, pra facer exercicio ao aire libre. Ademais percórrense enclaves pintorescos cuxas paisaxes naturais axudan a ignorar o consdestruído polo home.

 

    O S   C A C H É S    

Case tódolos cachés comportan certo grao de dificultade, ben sexa polo terreo, polo agocho ou pola camuflaxe. Tendo en conta esto e que ida e volta suman 14 km, a miña recomendación é non obsesionarse con collelos todos dunha; desfruta do paseo e procura con calma os que che apetezan, xa voltarás.

Os cachés carecen de numeración pretendendo que sexa unha serie aberta e viva. Ao longo do percorrido quedan ocos libres nos que podes agochar, si queres, copiando o formato do título e da descrición; o mesmo pra cando vaia desaparecendo esta primeira sementeira de cachés.

 

 

 

Sobre a praia de O Reiro: Chegas aquí tras pasar a carón da desembocadura do río Sisalde, no extremo oeste da praia de Barrañán. En fotos de fai uns anos vese que prácticamente a totalidade do Reiro era area, mais a día de hoxe está cheo de cantos rodados; entendo que vivíu a mesma sorte que os areiais dos arredores do Repibelo. Aínda con todo, conta con bandeira azul.

 

Additional Hints (Decrypt)

Arfgr pnfb nkhqna rfrf fízobybf dhr ahapn zvenf r dhr rfgáa ra góqnynf svpunf qr góqbybf pnpuéf 🤓

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)