"Meninas de Canido"

Traducción automática al castellano
Machine traslation into English
Para atopar este caché Mistery, primeiro tes que resolver tódalas etapas do Adventure lab "Meninas de Canido" que podes atopar aquí: https://labs.geocaching.com/goto/7a8cdf4d-931a-4a22-ad51-6e4ea9642710

As Meninas de Canido son unha mostra de como a arte pode cambiar a morfoloxía dunha área urbana esquecida e devolver a ilusión a unha cidade afectada pola crise que tantos anos a castigou.

A iniciativa nace no 2008 cando o artista Eduardo Hermida xunto con outros artistas deciden decorar as fachadas das casas con pinturas alusivas ao famoso cadro de Velázquez, coa finalidade de aportar cor e revivir os seus espazos. Dende entón vense repetindo esta celebración artística e cultural cada primeira fin de semana de setembro.

As Meninas de Canido é un proxecto artístico e reivindicativo, que contrarresta o abandono e a decadencia que vivía o barrio de Ferrol. Este festival congrega varias disciplinas da arte como o muralismo, arte urbana, pintura, debuxo, música, escultura, mosaico, fotografía, teatro… ademais de mercados de arte, asembleas, proxeccións, talleres creativos e artísticos para tódalas idades.

As Meninas de Canido é unha celebración artística e cultural que soubo sobrevivir a grandes dificultades, a pandemia da Covid unha delas.
As rúas do barrio agora mudaron por completo, os seus espazos reconstruídos énchense de turistas e seguidores da arte urbana, As Meninas de Canido dálle esta vida e éncheo de optimismo, acadando que a arte sexa o principal elemento identificativo e o seu reclamo turístico.

Non se trata de facer copias exactas das Meninas do cadro de Velázquez, se non de reinterpretacións con total liberdade dos artistas, desta maneira atopamos ás Meninas en distintas maneiras, así podemos descubrir algunhas que evocan ao grupo de hard rock Kiss, os Simpsons, Pokemon, David Bowie, co estilo de Dalí ou Picasso entre moitos outros.

Moitas destas obras teñen connotacións reivindicativas ou transgresoras, que denuncian o racismo, outras apoian a igualdade de xénero, tolerancia, o medio ambiente… a verdade, un universo infinitamente creativo nas paredes do barrio de Canido.

Desta maneira o urbanismo de Canido non só enche ás súas paredes de pintura, infinidades de materiais son reutilizados para crear estas obras de arte, que van desde: chapas metálicas, madeira, válvulas de máquinas de café, cerámica, cordas, plástico e moitos outros.

As dimensións das obras son moi variadas, destacan as de formatos xigantes que ocupan fachadas completas de grandes edificios.

O interesante de todo isto foi o rexurdimento da economía da zona sen necesidade dun gran presuposto, obtendo grandes beneficios sociais e económicos en tódolos seus aspectos, os máis fortalecidos o sector inmobiliario e o turístico.

Formado por unha auténtica pinacoteca con mais de 500 obras que o proxectan internacionalmente, Canido é hoxe en día un referente da arte urbana ao que acoden artistas de todo o mundo a plasmar os seus murais e mesmo un suposto Banksy apareceu nunha das súas paredes.

O festival que se celebra nas súas rúas durante a primeira fin de semana de setembro, converteuse nun encontro imprescindible acollendo a mais de 100 000 persoas durante os tres días de celebración. Un lugar diferente que paga a pena coñecer, perderse polas súas rúas e descubrir un novo concepto de turismo baseado na arte e na tradición.

Fontes:
https://artepoli.com/las-meninas-de-canido/
https://visitferrol.com/wp-content/uploads/2022/04/FOLLETO-MENINAS.-OP2.pdf
Unha vez que completes tódalas etapas do LAB, tés que introducir no certitude os números obtidos nas respostas de cada unha das etapas ordenados ABCDE para obter as coordenadas finais. E despois de atopar o caché, se che gustou, podes continuar o paseo polas rúas de Canido, lembra, hai máis de 500 Meninas.

Puedes validar la solución a tu puzzle con
certitude.