
No ano 2023 foi inaugurada a denominada Senda ZEC, unha ruta ciclable e peatonal que arrodea e atravesa o encoro de Cecebre, un dos espazos naturais de referencia na provincia de A Coruña. Ao longo dos seus 26,5 km de percorrido pasase polos concellos de Abegondo, Cambre, Betanzos, Bergondo e Carral.
A meirande parte do trazaro discorre arredor da ribeira do encoro, cunha perspectiva espectacular deste.
A senda conta cun ramal cara Guísamo e outro que aproveita o Val do Barcés para chegar ata Carral, pasando por núcleos de poboación da parroquia de Sarandóns.
O ciclista ou peatón atopará unhos cantos lugares atractivos no seu paseo, como o Pazo de Macenda, o Observatorio de Aves de Crendes ou o Monumento aos Mártires de Carral.
Unha das ideas que promoveu este proxecto foi xerar unha continuación para o trazado que abrangue o carril bici da ría do Burgo e o paseo fluvial do río Mero, que morre aos pés do encoro.
O trazado combina estradas debidamente sinalizadas, pistas, camiños e sendas.
O caché está agochado no medio da estreitiña Ponte de Pexa, que atravesa o encoro de lado a lado permitindo aos visitantes "sobrevoalo", moi preto das súas augas.