Non todo é fermoso neste paráiso natural tan "protexido" e ecolóxicamente condecorado polas institucións.
As coordenadas lévante ás portas das ruínas dun desmesurado mamotreto que foi no seu día un complexo hosteleiro de renome en toda a provincia; ou eso din. Discoteca, sala de festas, restaurante destinado a banquetes de bodas e bautizos, cafetería...
Despois de máis de unha década de abandono balanceándose entre o vandalismo e o curso da natureza que sempre tende a recupear o seu, hoxe tradúcese en máis de mil metros cadrados de escombro e lixo.
No estado no que se atopa case carece de interese ata a nivel urbex. Pero non fai falla entrar pra sentilo impacto; Zona de Especial Protección do Carallo. Penso que é unha visita que non deixa indiferente a ninguén.
Non é pra facer con nenos nin mascotas. O caché está fora do edificio, pero nos arredores tamén hai cristais e elementos potencialmente perigosos. Olla o spoiler pra non furgar innecesariamente.
