Skip to content

Fragas e carballeiras, espazos de vida Mystery Cache

Hidden : 5/29/2025
Difficulty:
1.5 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   micro (micro)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Castellano (Traducción automática)                   English (Machine translation)


 

A carballeira
As carballeiras son un dos espazos naturais máis recoñecibles de Galicia. Trátase de lugares onde o carballo, esa árbore forte e lonxeva que tanto se identifica coa nosa terra, é o gran protagonista. A palabra carballeira pode parecernos moi nosa, pero a súa orixe é aínda máis antiga ca o galego ou o latín: algúns estudosos cren que podería vir dunha raíz celta ou preindoeuropea relacionada coa pedra ou a dureza (kar-), o que xa nos dá unha idea da forza simbólica e física do carballo.

Pero non todas as carballeiras son iguais. Algunhas son bosques naturais, onde o carballo se impuxo como especie dominante de maneira espontánea, especialmente o Quercus robur, coñecido como carballo común. Outras, pola contra, foron creadas ou modificadas polo ser humano. Antigamente, era habitual plantar carballos con fins prácticos: para madeira, para dar sombra nas feiras e nas festas, ou simplemente como elemento ornamental. Estas carballeiras plantadas soen ter unha estrutura máis simple: os carballos plantados en liñas, pouco sotobosque e un chan cuberto basicamente por follas secas e algo de herba.
Aínda así, mesmo estas carballeiras menos silvestres teñen un grande valor ecolóxico. O carballo, ao ser unha especie autóctona, mantén unha relación moi estreita con centos de seres vivos: insectos que comen as follas, aves que aniñan nas pólas, pequenos que recollen e agochan landras, axudando incluso a que xerminen novos carballos. As bugallas, os gromos, as follas... todo serve de alimento ou refuxio. Nunha carballeira, a pesares de ser formada por unha soa especie, poderás escoitar o canto de moitos paxaros diferentes, algo que non sucede nun eucaliptal, a súa expansión incontrolada supón a fin dun importante ecosistema.
Pero a carballeira tamén é cultura, identidade e imaxinación. O carballo é considerado a árbore sagrada de Galicia, símbolo de forza e permanencia. As súas pólas acolleron durante séculos rituais, festas e contos. Moitas carballeiras foron (e aínda son) lugares de encontro social: alí celébranse magostos, feiras e romarías. E na tradición popular, o carballo está cheo de maxia: dise que pode curar enfermidades se se pasa un neno por unha fenda do seu tronco, e as súas follas forman parte das herbas de San Xoán. Tamén aparece en refráns, cantigas e contos nos que se agochan trasnos, fadas, mouros ou mesmo a Santa Compaña.



A fraga
Se na carballeira o carballo é protagonista, a fraga un bosque complexo, cheo de biodiversidade, formado por séculos de evolución natural sen apenas intervención humana. Unha fraga é un bosque moi antigo, espeso e rico en especies diferentes, é o que poderiamos chamar un bosque virxe ou primario, ou polo menos moi próximo a ese estado. Constitúe un ecosistema rico e maduro, onde conviven moitas especies distintas en equilibrio, tanto vexetais como animais e fungos.
As fragas galegas forman parte do que foi, hai séculos, o gran bosque atlántico que cubría boa parte do noroeste peninsular. Hoxe só quedan anacos illados dese ecosistema, pero os que se conservan teñen un enorme valor natural. Alí atopamos unha mestura de árbores caducifolias (que perden as follas no outono), herbas, fentos, liques, mofos... e moitos animais que viven nunha harmonía difícil de imitar.
Unha das características máis visibles dunha fraga é a súa espesura: é tan pechada que apenas entra a luz ata o chan, o que permite manter unha temperatura e humidade estables durante todo o ano. Isto crea un ambiente ideal para moitas especies que precisan ese equilibrio constante.
Aínda que os carballos adoitan estar presentes nas fragas, non están sos: conviven con bidueiros, acivros, castiñeiros, ameneiros, érbedos... e un sotobosque rico e diverso. Pola súa estrutura e equilibrio, as fragas representan o que se coñece como un ecosistema clímax: unha fase madura e estábel que resiste mellor as perturbacións.

 

1. Que especie arbórea domina habitualmente nas carballeiras galegas?
  a) Castiñeiro
  b) Piñeiro
  c) Carballo (Quercus robur)
2. Que característica define mellor unha fraga?
  a) Está plantada polo ser humano
  b) É un bosque espeso, húmido e pouco alterado
  c) Ten unha soa especie de árbore
3. Cal das seguintes opcións describe mellor unha carballeira?
  a) Bosque con árbores vellas e derrubadas
  b) Árbores plantados en liña e pouco sotobosque
  c) Lugar con gran variedade de especies
4. Por que as fragas teñen un alto valor ecolóxico?
  a) Porque teñen moita biodiversidade
  b) Porque son fáciles de plantar
  c) Porque teñen só carballos

 

Comproba a túa solución.

 

Additional Hints (Decrypt)

Ab Pregvghqr

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)