GCB9E1K ▼
Size:  (other)
Unha fervenza única na Europa Continental
Antes de rexistrar, envía as respostas por email ou mensaxería do perfil. Non agardes confirmación para loguear, contactaremos se hai erros.
A Fervenza do Ézaro é o tramo final do río Xallas. Destaca por ser a única fervenza da Europa continental que desemboca directamente no océano Atlántico. Antes de precipitarse, o río é regulado por tres encoros (Fervenza, Castrelo e Santa Uxía), nunha contorna de gran beleza paisaxística dominada polo Olimpo Celta: o Monte Pindo.
O canón fluvial do Xallas está encravado en relevos hercínicos de granito. A unidade litolóxica predominante é a granodiorita biotítica. O terreo presenta pendentes case verticais que mostran unha gran variedade de formas graníticas froito da erosión milenaria, como as famosas Pías ou Caldeiras.
Zona de transición onde a auga doce do río se mestura coa salgada do mar, creando auga salobre e acumulando sedimentos. Son ecosistemas de altísima biodiversidade.
Un salto de auga provocado por un desnivel abrupto no terreo, xa sexa por fallas xeolóxicas ou por diferentes durezas na rocha que causan unha erosión desigual.
O caso do Ézaro é unha Cascada Litoral, un fenómeno excepcional a nivel mundial.
Additional Hints (No hints available.)
What are Attributes?
Advertising with Us
You'll collect a digital Treasure from one of these collections when you find and log this geocache: