Skip to content

Laxe ⛵ Traditional Cache

Hidden : 8/2/2025
Difficulty:
2 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   micro (micro)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Laxe

Na entrada de Laxe, xunto á piscina municipal e o merendeiro do Cabo da Area, descansa o Xosé Alberto, unha embarcación de baixura de 18 metros de eslora que leva anos sendo símbolo da tradición mariñeira da vila.

Colocado en 2005 como homenaxe ao sector pesqueiro, co paso do tempo sufriu un forte deterioro. En 2022-2023 o Concello de Laxe puxo en marcha un proxecto de recuperación e musealización, co apoio do GALP Costa da Morte (financiado en gran parte por fondos europeos). O obxectivo: poñer en valor a carpintería de ribeira e a historia dos barcos tradicionais da zona.

A rehabilitación incluíu deixar á vista elementos estruturais como a quilla, as cuadernas, a roda e o codaste, así como instalar paneis informativos con fotos históricas do arquivo Vidal. Grazas a isto, hoxe pódese apreciar de preto como estaban construídas estas embarcacións e coñecer mellor o patrimonio cultural mariñeiro de Laxe.

O proxecto rematouse no outono de 2022, e o barco luce de novo como punto de interese e de benvida para quen chega á vila.

Additional Hints (Decrypt)

Graqeáf dhr cbaregr qr chagvyynf b fhovegr n ha gnohergr 🪜

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)