Skip to content

Mon Devane - Avoa Traditional Cache

Hidden : 8/20/2025
Difficulty:
1.5 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   small (small)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Mural

Avoa. Concello de Taboadela, Ourense.

Con este caché convidámosvos a ver o mural "Avoa" que se atopa en Taboadela, e que aproveitedes para dar un paseo polo concello e a súa contorna.

Taboadela é un concello a menos de 12 kilómetros de Ourense capital. É un municipio rural, cun patrimonio natural e patrimonial facilmente visitable e por onde discorre, ademais, a Vía da Prata do Camiño de Santiago. Hai varias rutas de sendeirismo, que se poden facer a pé ou en bicicleta, para descubrir a súa natureza. Pero eses recunchos quedan para contar noutros futuros cachés.

Taboadela

O mural “Avoa” é un traballo de Mon Devane, artista urbano galego coñecido polos seus murais fotorrealistas de gran formato cun distintivo toque de turquesa. Un dos seus traballos mais recentes é “A gaiteira real”, mural que recibe aos visitantes que entran a Ourense pola autovía A-52.

O mural da “Avoa” é unha recompensa para os visitantes que veñen e paran a visitar o pobo. Está no camiño que leva ao Centro de Saúde, a Biblioteca ou a Escola Infantil, zona moi concorrida polos veciños de Taboadela. Pero queda agochado das miradas indiscretas dos visitantes de paso que atravesan o pobo pola antiga estrada de Madrid sen baixar do coche. Se non vas expresamente a velo, non o vas poder desfrutar.

Mural desde o aire

Esta obra retrata a dous dos nosos veciños que representan o esforzo, a dedicación e o valor da muller rural en Galicia. É unha homenaxe visual as avoas e traballadoras do rural galego, que non só coidaron do campo, animais, fogar,... se non que tamén sacaron tempo para criar as súas fillas e fillos e os seus netos e netas. Co seu traballo, coidado, esforzo e constancia, deron forma á nosa maneira de vivir, ás nosas tradicións e á nosa terra. 

A vida no rural galego non foi nunca sinxela; esixía forza e resiliencia. Desde as primeiras horas da mañá, estas mulleres bravas dedicábanse ao traballo no campo, ao coidado dos animais e á xestión do fogar, moitas veces combinando estas tarefas con empregos fóra da casa. As nais e avoas do rural galego son auténticas heroínas cotiás e sosteñen a tradición e a natureza deste lugar, desempeñando un papel fundamental con dedicación incansable. Son as gardiás das costumes ancestrais, transmitindo de xeración en xeración o amor pola nosa terra e pola nosa cultura.

A t

O mural “Avoa” está acompañado dunha gran “t” branca. Esta letra, pequena e sinxela, deixou de ser un simple trazo e converteuse en algo que nos une. Arredor da “t” creceu un sentimento de agarimo, de pertenza a este lugar que chamamos casa: “eu son de Taboadela”. Esta “t” converteuse nun símbolo que levamos con orgullo e que tamén recibe a súa merecida homenaxe nun lugar de honra acompañando este mural de Mon Devane.

Como premio por achegarvos a este lugar atoparedes un caché mediano, magnético, agochado con agarimo para agradecer a vosa visita. A caixiña permite algún pequeno intercambio. 

Additional Hints (Decrypt)

[A maxia da "t". Non é só unha letra, é o recoñecemento de que hoxe ser de Taboadela é algo que nos enche, nos eleva, nos une.]

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)