Skip to content

Mercados de Padrón Traditional Cache

Hidden : 9/24/2025
Difficulty:
2.5 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   micro (micro)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Translation
MERCADOS DE PADRÓN

ATENCIÓN, SER MOI DISCRETOS, HAI MOITO MUGGLE E O CACHÉ ESTÁ MOI ESPOSTO.

 

Peregrinos estades chegando a Padrón. e o primeiro que ides ver vai ser o campo de fútbol e a continuación un dos mercados de Padrón onde se fai a Feira de Padrón todos os domingos e que chega ata final da Alameda do Espolón. 

A orixe deste mercado popular remóntase a tempos inmemoriais, xa na Idade Media estaba considerado un dos máis importantes de Galicia, e centrábase principalmente na venda de gando e outras mercadorías.

Na actualidade, a variedade de produtos que se poden adquirir no mercado de Padrón é un dos seus principais sinais de identidade. Aquí atopamos artigos téxtiles, calzado, complementos, unha gran diversidade de produtos de alimentación como froitas e verduras de tempada, queixos, embutidos, licores, sen esquecer todo tipo de apeiros de labranza, mobles, e outros curiosos artigos.

O outro gran protagonista do mercado de Padrón é o polbo á feira. Os fogóns das polbeiras e o seu tentador cheiro marcan a hora do petisco: polbo, churrasco, vermú, viño e café.

 

Xusto o carón da feira , a esquerda, temos a praza de abastos.

Un punto de Padrón que tamén concentra unha gran cantidade de visitantes é a súa praza de abastos, un centro de mercado tradicional que conta con postos de alimentación dedicados principalmente á venda de produtos gastronómicos frescos e de proximidade, artigos de primeira calidade a prezo acomodado.

Carnes seleccionadas, peixes e mariscos da ría, froitas e verduras de tempada, pan artesán, queixos, embutidos e licores chaman a atención da numerosa clientela que elixe apostar polo consumo de produtos locais de confianza.

A Praza de Abastos de Padrón, inaugurada en novembro do 1903, primeiramente fíxose unha parte, para posteriormente estendela até o antigo matadoiro, tal como está na actualidade. Construída cunha estrutura aberta, con reixa, para conseguir unha boa ventilación e evitar posibles malos cheiros. A súa construción en 1903 substituíu á peixería vella, situada detrás da Fonte da Praza de Camilo José Cela.

 

Este caché vai adicado ao equipo FRACASO CORUÑO, moi boa xentiña.

 

This page was generated by Geocaching Portugal Listing Generator

Additional Hints (Decrypt)

kn rfgá ab yvfgvat

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)